Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta colaborará na modernización da oficina de Turismo de Portosín

O inmoble está situado en dominio público portuario e actualmente teno en concesión a confraría

Imaxe aérea da localidade de Portosín.

Imaxe aérea da localidade de Portosín. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Porto do Son

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, colaborará co Concello do Porto do Son e coa confraría de Portosín na mellora e modernización da oficina de turismo desta última localidade.

Así o acordaron este mércores a presidenta do ente público, Natalia Botana, o alcalde sonense, Luis Oujo, e a secretaria da confraría de Portosín nunha reunión na sede do ente público.

No encontro, no que participaron tamén representantes do GALP Costa Sostible, ambos os representantes públicos coincidiron na importancia da actuación de mellora que o Concello executará no inmoble situado en dominio público portuario e que actualmente ten en concesión a confraría.

Para facer posible estas obras, a entidade profesional cederá ao Concello a xestión da oficina, situada nunha nave portuaria que a día de hoxe xestiona a confraría de Portosín.

Durante a reunión, a presidenta de Portos de Galicia e o alcalde sonense abordaron tamén outras cuestións portuarias de interese no municipio. Entre elas destacaron as obras que está a ultimar o ente público en Portosín para o reforzo do abrigo e a ampliación de prazas de atracada para o sector profresional, que contan cun investimento de 2,4 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.

Tracking Pixel Contents