EXPOSICIÓN
Eduardo Hermo celebra 30 anos de arte cunha mostra retrospectiva en Ribeira
Pode verse no Centro Cultural Lustres Rivas ata o 27 de xullo

Eduardo Hermo e Ana Barreiro no acto inaugural da exposición. / Cedida
A exposición Retrospectiva, de Eduardo Hermo, pode visitarse ata o 27 de xullo, no Centro Cultural Lustres Rivas, ao abeiro da programación da Fiestra da Cultura que promove o Concello de Ribeira.
Máis dunha trintena de obras, principalmente óleos e acrílicos, conforman unha mostra que repasa as tres décadas de traxectoria do creador no mundo da arte, atopándose o público con bodegóns, paisaxes ou retratos, todos eles con certas pegadas autobiográficas.
Talento e gusto pola arte
A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, destacou no acto inaugural a faceta autodidacta do artista. "Se ben asistiu a talleres e cursos, creo que todos os que estamos aquí podemos afirmar que a súa aprendizaxe resultou moi frutífera sobre como plasmar a realidade e as ideas nun lenzo. Aquí denótase aprendizaxe, si, pero tamén talento e un gran gusto pola arte".
A edila tamén ratificou o compromiso do Concello ribeirense para "potenciar a cultura en tódalas súas formas e seguir traballando para que o Centro Cultural Lustres Rivas se consolide como unha sala referente para a difusión da obra de creadores consagrados e noveis. Isto fai que este centro goce de gran vitalidade".
A mostra pode visitarse de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, así como os sábados, de 12.00 a 14.00 horas.
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas