Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FESTIVAL

O Bolofest chega a Lousame con música, talento local e fin solidario

Celebrarase o sábado 11 no campo vello de Cruído con entradas a prezos populares

Teresa Balujo, esquerda, Esteban Ares, Antón Horta, Silvia Agrafojo e Eduardo Agraso, na presentación.

Teresa Balujo, esquerda, Esteban Ares, Antón Horta, Silvia Agrafojo e Eduardo Agraso, na presentación. / C. L.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Lousame

O campo vello de fútbol de Cruído, en Lousame, será escenario da quinta edición do Bolofest que se celebrará o sábado día 11. A organización corre a cargo do Concello, en colaboración con Artgallar e a Asociación de Veciños de Cruído.

O recinto abrirá as súas portas ás 15.00 horas e os concertos prolongaranse ata as doce da noite. Actuarán seis grupos: DJ Pichi, YG Hizz, Cayetano The Cods, Adhara & Ritman e Sara & Majos, cun Espazo Talento no que tocarán un par de mozos de Lousame e outros dous da Escola de Música de Noia.

O festival terá un fin solidario para apoiar á Cruz Vermella. As entradas custan 1 euro (venda anticipada) e 2 euros (taquilla).

Unha cita consolidada

O alcalde de Lousame, Esteban Ares, que presidiu o acto de presentación, xunto co oordinador do Bolofest, Antón Horta, sinalou que "é un orgullo poder acoller este festival tan consolidado na comarca e traelo a Cruído". Cómpre lembrar que as catro edicións anteriores celebráronse en Noia.

Agradeceu a Antón Horta "todo o traballo e esforzo que fixo para que este festival continúe", e tamén aos veciños e veciñas de Cruído, "que sempre se amosaron colaboradores e dispostos a axudar no que faga falta. Esperamos que sexa un éxito, e agardemos que se consolide de cara aos próximos anos".

Música en directo

Pola súa banda, Antón Horta salientou que o Bolofest "é un proxecto de música en directo onde o secreto radica en que colle sempre os grupos da zona e da comarca. En Lousame, por exemplo, imos contar cun par de grupo de nenos no espazo que temos para xóvenes talentos, e despois teremos outros grupos que xa son coñecidos neste tipo de festivais".

O único que queremos, engadiu, "é que a xente se anime a comprobar unha vez máis que o Bolofest ten a súa propia identidade, que é un festival no medio na natureza, comprometido coa recollida do lixo... Incluso temos un horario de tres da tarde a doce da noite para que dea opción a vir a xente nova, aos pais, aos fillos...e desfrutar dunha xornada como se fose unha romaría".

Tracking Pixel Contents