Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OBRAS

A humanización da rúa do Cruceiro de Porto do Son mellora a mobilidade e os servizos públicos

A actuación incluíu a renovación do pavimento e das redes de saneamento e drenaxe

Obras de humanización da rúa do Cruceiro de Porto do Son.

Obras de humanización da rúa do Cruceiro de Porto do Son. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Porto do Son

O Concello do Porto do Son finalizou recentemente a obra de renovación da pavimentación e servizos da rúa do Cruceiro, unha intervención executada nos últimos meses ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que contou cun investimento total de 77.715,25 euros.

Obras de humanización da rúa Cruceiro.

Obras de humanización da rúa Cruceiro. / Cedida

Ademais da renovación do pavimento, melloráronse as infraestruturas de saneamento e drenaxe nunha actuación que tivo como obxectivo principal modernizar un espazo co firme en deteriorado e diversas deficiencias na rede de evacuación de auga.

Novo firme de formigón

Así, mellórase a seguridade, accesibilidade e funcionalidade da rúa cun novo firme de formigón, unha solución máis resistente, uniforme e axeitada para soportar o tránsito peonil e rodado.

En paralelo, realizáronse as intervencións integrais nas infraestruturas soterradas, tanto na rede de saneamento, que foi reconvertida nunha rede separativa que permite unha xestión máis eficiente das augas residuais e pluviais, e a instalación de canaletas de drenaxe en puntos críticos da calzada. Evítanse así acumulacións de auga en episodios de choiva intensa.

Unha actuación relevante

O alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, sinala o "relevante unha intervención integral", xa que non só "é unha mellora estética, é unha optimización dos servizos públicos e tamén permitirá incrementar a seguridade peonil e viaria na contorna", subliñou.

TEMAS

Tracking Pixel Contents