FORMACIÓN
Máis de 50 anos e ganas de aprender: Ribeira abre a matrícula do IV Ciclo da USC
A programación incorpora materias de literatura, nutrición, patrimonio, moda e intelixencia artificial

Presentación do IV Ciclo da Universidade de Santiago en Ribeira. / Cedida
Ribeira acollerá o IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), unha acción formativa dirixida a alumnado maior de 50 anos, que para o curso 2026-2027 amplía a oferta académica con novas materias que se impartirán nas tardes de luns a xoves, no Centro Cultural Lustres Rivas.
O prazo de matrícula estará aberto ata o 24 de xullo, segundo informou a concelleira de Educación, Nucha Brión. "Nunca é tarde para seguir aprendendo e isto constátase co éxito que acada este ciclo cada ano", afirmou.
Programa de actividades
No primeiro cuadrimestre impartiranse as sesións Actividade económica e empresa, da man de Eva López Barrio; Historia do Pensamento, con Marcelino Agís; e Literatura Galega, a cargo de Elisa Nieves Barreiro e Iago Casas Neo.

Cartel promocional das actividades do IV Ciclo da USC en Ribeira. / Cedida
No segundo cuadrimestre, o alumnado asistirá ás sesións Historia da arte de Galicia, con Mónica Rey Cabezudo; Nutrición, da man de Aida Carballo Fazanes; e Patrimonio bibliográfico e documental, a cargo de Xosé Manuel Sánchez Sánchez.
As materias complementarias serán Dentro da literatura. A literatura dende dentro, con Ánxela Gracián, no primeiro cuadrimestre; mentres que no segundo impartiranse Moda Contemporánea, da man de Mónica Rey Cabezudo, e Introdución á IA na comunicación, a cargo de José Miguel Túñez López, César Fieiras Ceide e Martín Vaz Álvarez.
Requisito: ser maior de 50 anos
A única condición para acceder a estes estudos é ter máis de 50 anos, independentemente da formación académica previa. Para a obtención do título de diplomado Sénior en IV Ciclo é necesario superar catro cursos, nos cales se deben completar os 60 créditos da titulación.
En cada curso haberá que superar un mínimo de cinco materias optativas, das consideradas materias permanentes no plano de estudos, e tamén poderán cursarse ata tres créditos mediante actividades complementarias recoñecidas. As persoas diplomadas Sénior en IV Ciclo poderán optar á obtención do Diploma Excelsior en IV Ciclo.
Trámite da matrícula
As persoas que por primeira vez soliciten a matrícula no IV Ciclo da USC poden facelo ata o 24 de xullo, de luns a venres, dende as 08.00 ás 14.00 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. Poden obter máis información no teléfono 881 814 588, no enderezo electrónico ivciclo@usc.es ou na páxina web https://matricula.usc.es/loginX/Login.asp.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto