Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DENUNCIA

Bancos e mobiliario urbano aparecen esnaquizados en Rianxo

O alcalde ve "absolutamente incomprensible" que se destrúa o que é de todos

Un dos bancos de pedra esnaquizado polos vándalos.

Un dos bancos de pedra esnaquizado polos vándalos. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rianxo

A vila de Rianxo amenceu hoxe con numerosos elementos do mobiliario urbano esnaquizados, tanto en varias rúas da vila como no paseo marítimo, segundo denuncia o alcalde, Julián Bustelo.

"Resúltame absolutamente incomprensible que a algunhas persoas lles faga graza destruír o que é de todos. Como é posible que alguén pase polo lado dun banco e o primeiro que se lle pasa pola cabeza é poñerse a patadas con el?", afirma o rexedor nas súas redes sociais.

Un dos bancos que sufriu danos polos actos vandálicos.

Un dos bancos que sufriu danos polos actos vandálicos. / Cedida

Para un municipio como Rianxo, engade Bustelo, "supón un enorme esforzo manter nun estado axeitado este tipo de elementos dos que todos e todas desfrutamos".

"Ben sei que aínda temos moito que facer nese sentido, mais este tipo de actos vandálicos non fan máis que dificultar ese traballo e obríganos a perder tempo e recursos en repoñer o destruído", conclúe.

Tracking Pixel Contents