Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MOBILIDADE

Portos e Concello de Noia mellorarán a pasarela do paseo marítimo

Por precaución, a senda foi pechada para evitar riscos para os peóns

A presidenta de Portos e o alcalde de Noia na xuntanza celebrada en Santiago.

A presidenta de Portos e o alcalde de Noia na xuntanza celebrada en Santiago. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Noia

Portos de Galicia e o Concello de Noia impulsarán unha actuación que permita recuperar a conexión peonil da pasarela do paseo marítimo da localidade.

Como primeira medida, e por razóns de seguridade, ambas administracións colaborarán no peche temporal da infraestrutura, tras os informes técnicos realizados. Así o acordaron a presidenta do ente público, Natalia Botana, e o alcalde noiés Francisco Pérez, nunha reunión na sede do organismo autonómico.

Risco para a seguridade dos peóns

No encontro abordaron o estado desta infraestrutura pola que transitan diariamente veciños e visitantes da vila noiesa, e que pon en risco a seguridade dos peóns. Ante esta situación ambas administracións encargaron informes técnicos para precisar a gravidade, concluíndo a necesidade do peche ata que poida executarse a actuación correspondente. Deste xeito, o Concello procederá a un primeiro balizamento hoxe mesmo que será reforzado nos vindeiros días por Portos de Galicia.

Convenio para recuperar o paseo marítimo

Ademais da medida urxente de peche, Natalia Botana e o rexedor local acordaron iniciar a tramitación dun convenio de colaboración que permita desenvolver, nos próximos meses e con financiamento de ambas administracións, a actuación necesaria para recuperar este ámbito do paseo marítimo e restablecer a conexión peonil nas mellores condicións de seguridade.

A Xunta e o Concello tramitarán coa maior celeridade posible este convenio para poder executar canto antes as obras que permitan reabrir a pasarela ao tránsito peonil.

Tracking Pixel Contents