Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XORNADA

Rianxo Gaming transforma a praza de Castelao nun gran espazo de lecer dixital

Inclúe torneos de videoxogos, realidade virtual, zona retro, música en directo, xogos de mesa e exhibición de drons

Mozos na Praza de Castelao gozando do Rianxo Gaming.

Mozos na Praza de Castelao gozando do Rianxo Gaming. / JUAN MARTINEZ

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rianxo

A praza Castelao de Rianxo acolle hoxe unha nova edición do Rianxo Gaming 2026, unha xornada gratuíta dedicada ao lecer dixital que reúne competicións de videoxogos, espazos de realidade virtual, zona retro, actividades para todos os públicos, música en directo e unha ampla oferta de entretemento.

O alcalde visitou o Rianxo Gaming, na praza de Castelao.

O alcalde visitou o Rianxo Gaming, na praza de Castelao. / JUAN MARTINEZ

O evento, consolidado xa como unha das citas de referencia do lecer dixital en Galicia, ten como obxectivo achegar a cultura do videoxogo a persoas de todas as idades, combinando a competición con actividades divulgativas e propostas de carácter familiar. O alcalde, Julián Bustelo, achegouse esta mañá á praza para seguir o desenvolvemento da xornada.

Ao longo de toda a xornada, as persoas asistentes poderán gozar dunha ampla programación de torneos que inclúe títulos tan populares como Rocket LeagueMario KartBrawl Stars e EA Sports FC 26, ademais de competicións retro de Tekken 4Call of Duty: Black Ops IIPokémon Stadium e Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi III. Estes torneos retransmitiranse en directo nunha pantalla xigante cos comentarios de Tai Beatbox.

Dous mozos gozando dos xogos no Rianxo Gaming.

Dous mozos gozando dos xogos no Rianxo Gaming. / JUAN MARTINEZ

Nas xornadas previas xa se celebraron os torneos de Super Smash Bros UltimateClash Royale e Fortnite Recarga coa colaboración dalgúns locais de hostalaría da vila.

Ademais das competicións, Rianxo Gaming contará cunha gran zona de actividades permanentes nas que o público poderá gozar de máquinas arcade, videoxogos retro, VR Arena, zona PC, xogos de mesa, espazo indie, música, postos comerciais e unha espectacular exhibición da Whoop League Drones, ofrecendo unha experiencia completa tanto para afeccionados como para quen queira achegarse por primeira vez ao mundo dos videoxogos.

Unha ferramenta de socialización

O principal obxectivo do evento "é seguir promovendo o videoxogo como unha ferramenta de lecer, socialización e cultura, creando un espazo aberto no que convivan distintas xeracións arredor dunha mesma afección", subliñan dende a organización.

Nesta edición, Rianxo Gaming reforza tamén o seu compromiso coa promoción da cultura dixital en Galicia, dando visibilidade tanto aos videoxogos clásicos como ás novas tecnoloxías e ás iniciativas impulsadas por empresas, asociacións e colectivos do sector.

Tracking Pixel Contents