Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FESTIVAL

Ribeira bailou ao ritmo da tradición na terceira Noite Tradi

Bailadela, As Setelinguas, Unto Vello e Delameseta animaron unha velada que fixo bailar o público

Unha das actuacións da terceira edición da Noite Tradi en Ribeira.

Unha das actuacións da terceira edición da Noite Tradi en Ribeira. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A III Noite Tradi sacou a bailar en Ribeira a boa parte dos asistentes nunha animada velada, a pesar da tormenta. De animar a noite encargáronse Bailadela, As Setelinguas da AFLM de Aguiño, o dúo tradicional galego Unto Vello e o trío tradicional castelán-leonés Delameseta, que fixeron as delicias do numeroso público asistente.

Parte do público asistente á terceira Noite Tradi, de Ribeira.

Parte do público asistente á terceira Noite Tradi, de Ribeira. / Cedida

A cita, organizada pola AC Bailadela e a Concellería de Cultura de Ribeira, comezou coa presentación a cargo da mestra de canto e baile tradi, Manola Valiño, acompañada da concelleira Ana Barreiro, que agradeceu á asociación a organización do evento e manter as tradicións.

Unha das actuacións na Noite Tradi da capital ribeirense.

Unha das actuacións na Noite Tradi da capital ribeirense. / Cedida

De seguido, o folclore da terra compartiu protagonismo con outros ritmos e melodías, como o folk castelán. A Noite Tradi enmarcouse dentro do programa municipal A Fiestra da Cultura.

TEMAS

Tracking Pixel Contents