Os comercios de Rianxo repartiron xa máis de 4.000 'pasaportes' para o gran sorteo dun escaparate de agasallos
A campaña da patronal rematará o vindeiro domingo día 19

Imaxe do escaparate de agasallos que sorteará a patronal de Rianxo. / Cedida
A menos dunha semana de que remate a campaña Pasaporte do bo rianxeiro, organizada pola Asociación Rianxeira de Empresas (ARE), os primeiros datos permiten facer xa un balance moi positivo desta iniciativa de dinamización comercial, que está a rexistrar un elevado nivel de participación entre a veciñanza.
Ata o momento repartíronse máis de 4.000 pasaportes entre os establecementos participantes, unha cifra que confirma a excelente acollida da campaña. Ademais, varios negocios tiveron que solicitar unha segunda remesa de pasaportes ao esgotar rapidamente os exemplares iniciais, un indicador do interese que esta acción está a espertar entre os consumidores.
A mecánica é sinxela: realizar compras nos establecementos adheridos, conseguir cinco selos de cinco negocios diferentes e depositar o pasaporte completo na urna do último establecemento visitado para entrar no sorteo final.
O premio consiste nun gran escaparate de agasallos, formado integramente por produtos e experiencias cedidos polos propios comercios participantes. Entre eles destacan moda e complementos de marcas recoñecidas, gafas de sol, ferramentas, produtos de beleza e parafarmacia, artigos para o fogar, bolsos, colchas, lotes de produtos gourmet, botellas, vales de compra para gastar no comercio local, almorzos, comidas e ceas nos establecementos hostaleiros de Rianxo.
Un escaparate que representa a diversidade e a calidade da oferta comercial e hostaleira do municipio.
Esta edición destacou tamén pola súa innovadora estratexia de comunicación. A campaña comezou co slogan O alcalde ten un segredo, unha acción que conseguiu converterse nun auténtico fenómeno de expectación. Durante varios días, Rianxo e boa parte da comarca do Barbanza preguntábanse cal era ese segredo do alcalde, Julián Bustelo.
O misterio estendeuse polas rúas, os comercios, as redes sociais e os medios de comunicación, xerando unha importante conversa arredor da campaña antes mesmo da súa presentación oficial.
O desenlace chegou coa revelación do Pasaporte do bo rianxeiro, un lanzamento que acadou unha gran repercusión e que contribuíu a converter a iniciativa nun éxito desde o primeiro día.
A campaña permanecerá activa ata o 19 de xullo, polo que aínda quedan varios días para completar o pasaporte e participar no sorteo. O 22 de xullo celebrarase o sorteo na sede da patronal, onde se repartirán todos os premios cedidos polos comercios participantes.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena