O servizo de conciliación de Rianxo ofrecerá o vindeiro curso sesenta prazas
Prestarase nos colexios Castelao, Brea Segade e Ana María Diéguez

O servizo Rianxo Madruga prestaarse nos colexios Castelao, Brea Segade e Ana María Diéguez. / Cedida
A Xunta de Goberno Local de Rianxo aprobou as bases do servizo de conciliación Rianxo Madruga para ao vindeiro curso 2026/2027, que o Concello prestará por terceiro curso consecutivo.
O servizo prestarase dende dúas horas antes do inicio da xornada escolar nos tres centros de Educación Infantil e Primaria do municipio nos que se acade o grupo mínimo de alumnado esixido.
Habilítanse un total de 60 prazas: 30 no CEIP Castelao, 15 no CEIP Ana María Diéguez e 15 no CEP Xosé María Brea Segade.
O prazo de matrícula abrirase dentro duns días. Este ano haberá un servizo de conciliación municipal durante todos os períodos non lectivos do curso (Nadal, Entroido e Semana Santa).
"O obxectivo para a vindeira lexislatura será a posta en marcha dun servizo municipal de comedores en cuxo deseño xa estamos traballando", sinala o alcalde, Julián Bustelo.
"Un dos obxectivos da presente lexislatura era a posta en funcionamento dun servizo de conciliación estable e que pouco a pouco fora incorporando melloras para darlle resposta ás necesidades das familias traballadoras do noso municipio", engade o rexedor.
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima