Remata a humanización do núcleo sonense da Silva, tras un investimento de 484.000 euros
A actuación incluíu a renovación do pavimento, a adaptación das beiravías ás distintas edificacións e a modernización do sistema de drenaxe

Vista parcial do núcleo da Silva tras as obras de humanización levadas a cabo. / Cedida
O Concello do Porto do Son rematou as obras de humanización do núcleo da Silva (parroquia de Goiáns), que supuxeron unha transformación deste espazo rural mellorando a súa funcionalidade, accesibilidade e seguridade, sen renunciar á súa identidade tradicional.
As actuacións executáronse ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), cun investimento de 484.008,31 euros.
Os traballos incluíron a renovación integral do pavimento, a adaptación das beiravías á configuración das distintas edificacións e a modernización do sistema de drenaxe, dando resposta ás necesidades actuais dun núcleo que experimentou un importante crecemento ao longo dos anos.
Segundo o alcalde, Luis Oujo, "o obxectivo destas intervencións non era unicamente renovar as distintas infraestruturas e reforzar a funcionalidade e a seguridade na zona, senón facelo atendendo ás necesidades e demandas reais da veciñanza e respectando as características e a identidade dun lugar como este”.
Renovación do pavimento
Parte do problema das rúas radicaba na antigüidade e mal estado do pavimento, polo que unha das accións principais foi a de solucionar o seu estado. Formigón pulido foi o substituto seleccionado para definir a calzada, unha vía única de dobre sentido e anchura variable.
As beiravías, tamén de ancho variable, foron adaptadas así mesmo aos retranqueos das edificacións circundantes e aos moldes da configuración tradicional do núcleo.
Ademais, nalgunhas zonas o firme pavimentouse con baldosas cadradas, garantindo unha maior estética e durabilidade.
Para optimizar a evacuación das augas de escorrentía xeradas pola calzada, instaláronse quenllas de formigón pulido en puntos estratéxicos do núcleo. Ditos condutos conectan de forma directa coa nova rede de depósitos pluviais, substituíndo a antiga rede unitaria.
Esta iniciativa mellorará de forma notable a capacidade de drenaxe das rúas e reforzará a protección fronte a empozamentos.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical