O Porto do Son estrea a renovada pasarela peonil da Arnela, de 360 metros
Trátase dun tramo da ruta entre o núcleo urbano e o Castro de Baroña, un dos principais elementos patrimoniais do municipio

Imaxe da nova pasarela de Arnela. / Cedida
O Concello do Porto do Son vén de finalizar as obras de mellora da senda peonil da Arnela, un tramo da ruta entre o núcleo urbano e o Castro de Baroña, un dos principais elementos patrimoniais do municipio.
O punto onde se actuou contaba cunha beirarrúa moi estreita, en partes con apenas 70 centímetros de ancho. Ademais, estaba delimitada polo arcén da calzada e, polo exterior, por un pequeno pretil de bloques de granito apoiado sobre o muro de contención da mesma, unha configuración que incrementaba a perigosidade para as persoas usuarias.
Co obxectivo de solventar esta problemática, executouse a construción dunha plataforma pola parte exterior da beirarrúa, mantendo a mesma rasante e garantindo a protección dos peóns mediante o devandito pretil de granito.
Esta nova estrutura, cun ancho aproximado dun metro e 70 centímetros, esténdese ao longo de todo o tramo e adáptase ao perfil do muro de contención, proporcionando un tránsito cómodo, seguro e accesible.
Esta actuación mellora o proxecto de posta en valor do bordo litoral entre O Porto do Son e o Castro de Baroña acometido polo Concello sonense no ano 2014.
O tramo sobre o que se actuou agora ten una lonxitude aproximada de 360 metros, paralelo á AC-550. Iníciase na saída do núcleo urbano e finaliza nun pequeno promontorio sobre A Cova do Fonforrón, un punto dende onde se accede a un antigo camiño que segue o itinerario pegado aos cantís que dan sobre a praia do Fonforrón.
Esta actuación responde ao compromiso de mellorar os espazos públicos, garantir a accesibilidade universal e promover unha mobilidade peonil segura e respectuosa coa contorna.
O investimento formalizouse a través dun convenio de colaboración da ARD Ría de Muros-Noia, cuxo importe ascendeu a 249.896,51 euros.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena