Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Marta Villaverde recoñece a traxectoria das xentes do mar en Muros durante os actos na honra da Virxe do Carme

A conselleira asistiu ao acto relixioso e á homenaxe aos xubilados e xubiladas do mar

Marta Villaverde, terceira pola dereita, e Daniel Formoso, á súa dereita, xunto a outros asistentes ao acto relixioso oficiado este venres na igrexa parroquial de Muros.

Marta Villaverde, terceira pola dereita, e Daniel Formoso, á súa dereita, xunto a outros asistentes ao acto relixioso oficiado este venres na igrexa parroquial de Muros. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Muros

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres nos actos solemnes organizados en Muros con motivo das festividades na honra da Virxe do Carme.

A titular autonómica asistiu ao mediodía ao acto relixioso na igrexa parroquial de Muros, unha emotiva cerimonia en memoria dos mariñeiros falecidos no mar, e posteriormente desprazouse ata o edificio da antiga Fábrica de Sel para presidir a XXXIII Homenaxe aos xubilados e xubiladas do mar de Muros.

Villaverde, felicitando unha das xubiladas do mar homenaxeadas en Muros.

Villaverde, felicitando unha das xubiladas do mar homenaxeadas en Muros. / Cedida

Durante o encontro de recoñecemento, Villaverde enxalzou "a fortaleza, a dedicación e o legado incalculable dos profesionais que dedicaron a súa vida ao sector marítimo-pesqueiro galego".

Ademais, subliñou que estas homenaxes "serven para poñer en valor o esforzo de xeracións enteiras que situaron Galicia como referente pesqueira", e reafirmou o compromiso da Xunta "para seguir apoiando e garantindo o futuro dun sector que constitúe o motor socioeconómico das comunidades costeiras".

Nesta ocasión, as homenaxeadas foron as mulleres e homes xubilados do mar nados no ano 1947. Entre elas, sete mulleres mariscadoras.

Pola esquerda, Juan Lago, María Lago, Daniel Formoso, MArta Villaverde e Marcos Lijó.

Pola esquerda, Juan Gestal, María Lago, Daniel Formoso, Marta Villaverde e Marcos Lijó. / Cedida

Na homenaxe participaron tamén a alcaldesa, María Lago; a tenente de alcaldesa, Caridad González; o patrón maior de Muros, Daniel Formoso; o doutor Juan Gestal; e Marcos Lijó, representante de Almacéns Castillo, empresa patrocinadora do acto.

"Fai xa uns aniños que deixáchedes a vida activa, mais quen foi de mar, éo sempre", asegurou María Lago. “O descanso do mariñeiro, cheo de botes de sétima lista, liñas e polbeiras, cheo que empanada de orolas, arroz de berberechos e fideos con ameixas; un descanso que sabe a fogar, pero que nunca para”, engadiu a alcaldesa.

TEMAS

Tracking Pixel Contents