Mercado, campamento, música, recreacións históricas e espectáculos nas rúas: así será a Feira Celta do Porto do Son
Celebrarase os días 24, 25 e 26 de xullo cun amplo programa de actividades para todos os públicos

Luís Oujo, terceiro pola esquerda, na presentación da Feira Celta do Porto do Son. / Cedida
O Porto do Son acollerá os vindeiros días 24, 25 e 26 de xullo unha nova edición da Feira Celta, unha cita xa consolidada no calendario festivo do verán galego que convida a veciñanza e visitantes a mergullarse na cultura e nas tradicións da época.
A programación dará comezo o venres 24 coa apertura oficial do recinto feiral, do campamento celta e do mercado de artesanía, acompañada de pasarrúas, animación musical e espectáculos itinerantes.
A xornada culminará co espectáculo SubUmbra, de gran formato, e con outro de lume.
O sábado 25 será a xornada de maior intensidade, cun programa continuo de actividades ao longo de todo o día. Haberá exhibicións, obradoiros, música tradicional, recreacións históricas, animación infantil, desfiles e espectáculos itinerantes.
Entre as propostas máis destacadas figura a celebración da Celta Race, unha carreira de obstáculos que porá a proba a habilidade e resistencia das persoas participantes nun percorrido especialmente deseñado para a ocasión.
A programación nocturna volverá sorprender co espectáculo Errantes, unha impresionante montaxe de lume de gran formato, seguida de música e festa celta.
A Feira Celta despedirase o domingo 26 mantendo o ambiente festivo con novas actividades no campamento, música en directo, exhibicións, obradoiros e pasarrúas ata o peche oficial da celebración, poñendo o broche de ouro a tres intensas xornadas dedicadas á divulgación da cultura celta.
Durante toda a fin de semana, o público poderá gozar dun completo asentamento celta, con recreacións históricas, obradoiros participativos, xogos, actividades infantís, exhibicións, combates e propostas divulgativas pensadas para achegar a pequenos e maiores ao modo de vida dos antigos pobos celtas.
A organización aposta un ano máis por unha programación dirixida a todos os públicos, na que tradición, patrimonio, cultura e lecer se unen para converter O Porto do Son nun dos grandes referentes das recreacións históricas de Galicia durante o verán.
O alcalde, Luís Oujo, subliñou que “a programación está pensada tanto para pequenos como para maiores, con tres días repletos de historia viva, cultura, espectáculos, tradición e convivencia nunha contorna privilexiada, que consolida a nosa Feira Celta como unha cita imprescindible para quen desexe gozar dunha experiencia diferente en Galicia”.
O cartel deste ano é obra de José Luis Pulivo Calvo, natural de Madrid, e foi escollido entre un total de 49 propostas procedentes de distintos puntos de España, que están expostas na casa da cultura do Porto do Son.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto