Segue a troula dorneira en Ribera co 'Día do Orjullo Jaiteiro'
A pé e mesmo a bordo dun remolque, once agrupacións desfilan polas rúas da cidade
A emblemática festa acollerá este domingo a primeira das súas citas máis multitudinarias: o Jran Prix de Carrilanas

Suso Souto
A música tradicional soa este sábado en cada rincón da cidade de Ribeira, onde once agrupacións folclóricas participan no Día do Orjullo Jaiteiro, no marco da Festa da Dorna.
Desfilando a pé polas rúas ou mesmo a bordo dun remolque, a música inunda o centro de Ribeira a cargo de Borja & Cía, Os Liantes, Suabesebe, Enxebres de San Lázaro, Tahúme, Laghareu, Trécola, Riparia, Río de Anxo, a banda de gaitas Estivada de Calo e Os Festas.
Todas estas formacións concentráronse despois na Praza da Porta do Sol para actuar sobre un escenario.

Un dos grupos folclóricos desfilando este sábado polas rúas de Ribeira. / Suso Souto
Outra das citas deste sábado é a Xuntansa de embarcacións tradisionais e, pola tarde, celebraranse os Xojos populares de terra, en Coroso.
Este domingo 19 será o Jran prix de carrilanas (18.30 horas), e pola noite o concerto de De Ninghures na Praza da Porta do Sol, no marco do festival Rockandorna, no que ata o día 24 se sucederán tamén as actuacións de Lamatumbá, Muyayo Rif, Dakidarría, Reality, Cocco Lexa, Neverloura, Habelas Hainas e Extremodorna, ademais de varios DJ's.
O luns 20 a diversión chegará cos Xojos de mar dorneiros (16.00) e o Jran premio Ícaro de voo sen motor (19.00).
O martes 21 ás 21.00 horas será a final do Sertamen itinerante de cansión de tasca, e o mércores 22 a Batalla dos jallos dorneiros (ás 00.30 horas en Coroso).
O xoves 23, ás 22.30 horas, no Malecón, os patróns e patronas das novas peñas deberán someterse ao Exame de patróns para poder pasar a formar parte oficialmente da gran familia doneira.
Finalmente, o venres 24, pouco antes das tres da tarde, dará comezo en augas de Coroso a Rejata Cutre Shark de embarcasións feitas á machada e propulsadas a pan de millo.
A Cooperativa do Mar Santa Uxía ofrecerá unha degustación gratuíta de Lirio de Ribeira.
A Romaría Dorneira, a Festa da Espuma, o desfile Top Secret, unha nova cita co Rockandorna e o Asalto ás fanequeiras porán o broche final a esta Festa da Dorna 2026.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Moita xente vén, proba, e logo compra nas plataformas»
- Cristina Pedroche se rinde a Galicia durante sus vacaciones: 'Me voy completamente enamorada ¿Me hacéis un hueco?
- Casi 9.000 gallegos llevan más de dos años sin trabajar pese al récord de empleo: qué hay detrás del paro de larga duración
- De la dirección de la Universidad de Santiago a la gestión del Centro de Supercomputación de Galicia: María Pilar Martínez García será la primera gerente del Cesga
- Hartazgo de los vecinos del casco histórico de Santiago ante la masificación turística: «Hai que pedir permiso para circular pola nosa cidade»
- Más vivienda pública en Santiago: luz verde a un nuevo edificio de 33 pisos a precios asequibles
- Miles de personas agotan en apenas tres horas las existencias de la Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz
- Fly2Galicia pone a la venta vuelos a ocho destinos desde el aeropuerto de Santiago