Seis DJ's amenizarán a concentración de motos de Boiro
Celebrarase do 24 ao 26 no Parche da Cachada e incluirá unha exhibición Stunt do piloto Emilio Zamora

Promotores da concentración de motos, durante a presentación. / Cedida
O Parque da Cachada de Boiro acollerá os días 24, 25 e 26 de xullo unha nova edición da concentración moteira Boiromotos, que organiza o Motoclub Boiromotos coa colaboración do Concello.
O programa de actividades comeza o venres 24 a partir das 17.00 horas con inchables e cos adestramentos de coches radio-control e enduro. Pola noite haberá verbena cos DJ's MaikStyle, Matrek e Goro.
O sábado as actividades abertas ao público comezarán ás 11.00 horas cunha exposición de motos oldies e clásicas; haberá tamén inchables e un curso de seguridade viaria para nenos e nenas, así como adestramentos de coches radio-control e degustación de mexillóns.
Xa pola tarde serán a exhibición e a proba de coches radio-control, os xogos, os concursos e a exhibición Stunt co piloto Emilio Zamora.
Pola noite haberá sesión musical a cargo dos DJ's Manu X, Tito Maverick e Places.
As actividades rematarán o domingo coa ruta libre que sairá ás 10.30 horas.
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Moita xente vén, proba, e logo compra nas plataformas»
- Cristina Pedroche se rinde a Galicia durante sus vacaciones: 'Me voy completamente enamorada ¿Me hacéis un hueco?
- Casi 9.000 gallegos llevan más de dos años sin trabajar pese al récord de empleo: qué hay detrás del paro de larga duración
- De la dirección de la Universidad de Santiago a la gestión del Centro de Supercomputación de Galicia: María Pilar Martínez García será la primera gerente del Cesga
- Hartazgo de los vecinos del casco histórico de Santiago ante la masificación turística: «Hai que pedir permiso para circular pola nosa cidade»
- Más vivienda pública en Santiago: luz verde a un nuevo edificio de 33 pisos a precios asequibles
- Miles de personas agotan en apenas tres horas las existencias de la Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz
- Fly2Galicia pone a la venta vuelos a ocho destinos desde el aeropuerto de Santiago