Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vinte hostaleiros de Ribeira fórmanse contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas no ocio nocturno

Recibiron as certificacións acreditativas de mans do director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero

Roberto Barba, no centro, flanqueado por María Sampedro, á súa dereita, e pola edil de Cultura, Ana Barreiro, cos hostaleiros.

Roberto Barba, no centro, flanqueado por María Sampedro, á súa dereita, e pola edil de Cultura, Ana Barreiro, cos hostaleiros. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, entregaron este martes as certificacións acreditativas á vintena de profesionais que participaron nas accións formativas contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas no ocio nocturno.

Roberto Barba explicou que esta formación para persoal do sector está enmarcada dentro do protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas impulsado pola Xunta para fomentar espazos de lecer máis seguros.

Deste xeito, o plan elaborado polo Goberno galego facilita a resposta coordinada e áxil ante calquera agresión que poida supoñer un risco.

Neste sentido, o director xeral agradeceu a implicación do Concello de Ribeira por colaborar na difusión deste protocolo ao que xa se adheriron máis dunha decena de establecementos.

Así, puxo en valor que neste municipio xa se impartiron tres edicións destas accións formativas para profesionais, "o que amosa a boa acollida deste plan e a participación social para erradicar calquera manifestación de violencia", dixo.

Pola súa banda, a rexedora manifestou o agradecemento aos hostaleiros "polo voso compromiso a favor dunha sociedade cada vez máis xusta e igualitaria. O Concello de Ribeira está fortemente comprometido na eliminación da violencia de xénero, o apoio ás vítimas e o avance cara a igualdade".

"Proba disto son as políticas que desenvolvemos en materia de igualdade co traballo que se facemos dende o Centro de Información á Muller, as mesas de coordinación institucional ou a activación dos puntos violeta en celebracións como sucede actualmente coa Festa da Dorna", explicou.

A formación impartiuse en liña na súa totalidade con diferentes franxas horarias para adaptarse á dispoñibilidade dos establecementos participantes e tivo unha duración total de 10 horas: 4 horas de formación en directo (divididas en 2 sesións prácticas) e 6 horas de contido en liña flexible.

Durante o curso, os participantes aprenderon cun enfoque práctico a detectar situacións de violencia sexual e LGTBIfóbica; a actuar de xeito axeitado ante un incidente; a aplicar o protocolo na realidade do propio establecemento; e a implantar medidas de prevención e mellorar a seguridade.

A maiores do curso, os establecementos formalizarán a súa adhesión ao protocolo Agresión OFF mediante a sinatura de solicitude e dunha declaración de cumprimento, comprometéndose a respectar as medidas e procedementos establecidos.

Tracking Pixel Contents