DISTINCIÓNS
Aguiño nomea Percebeiros de Honra a José Manuel Vilas e Ciprián Rivas
A Festa do Percebe repartirá unha tonelada do prezado crustáceo o día 2 de agosto

A alcaldesa, segunda dereita, no acto de presentación dos Percebeiros de Honra. / Cedida
Aguiño quece motores para a Festa do Percebe e nomea Percebeiros de Honra a José Manuel Vilas, presidente do Xuventú Aguiño, e a Ciprián Rivas, presidente do Ateneo Valle-Inclán de Ribeira e un dos valedores do libro publicado con motivo do centenario da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño.
Así o anunciaron a alcaldesa, María Sampedro; o patrón maior do pósito, José Antonio Santamaría; e o presidente da agrupación de mariscadores, Manuel Ángel Reiriz, nun acto celebrado no porto de Aguiño.
A rexedora destacou o perfil dos Percebeiros de Honra subliñando o traballo de José Manuel Vilas á fronte do Xuventú Aguiño e o seu "talante positivo e comprometido" durante a súa etapa na Corporación municipal ribeirense. De Ciprián Rivas destacou o seu compromiso coa posta en valor da confraría de Carreira-Aguiño e do conxunto do municipio.
Unha tonelada de percebes
As distincións serán entregadas o día 2 de agosto, coincidindo coa Festa do Percebe, declarada de Interese Turístico Galego. A cita gastronómica servirá unha tonelada deste crustáceo extraído na zona norte, entre Falcoeiro e Basoñas, a un prezo de 20 euros por ración. A celebración estará amenizada musicalmente polo grupo local Leite con Jalletas.
María Sampedro ratificou o compromiso do Concello de Ribeira con esta celebración "que reúne mar, cultura e turismo".
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical