Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PROPOSTA

Boiro e Elciego queren converter anos de intercambio nunha irmandade oficial

Afianzarán os lazos culturais, gastronómicos, turísticos e patrimoniais

Degustación de cocido rioxano en Boiro nun dos intercambios con Elciego.

Degustación de cocido rioxano en Boiro nun dos intercambios con Elciego. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O goberno local de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno da irmandade co municipio de Elciego, da Rioxa. Unha proposta que nace do interese de ambos os dous concellos de formalizar as canles de cooperación entre administracións e veciñanza.

Elciego é un municipio da Rioxa Alavesa recoñecido pola súa tradición vitivinícola, polo seu patrimonio histórico e arquitectónico e pola súa aposta pola calidade e o desenvolvemento sostible. "A diversidade deste municipio xunto coa de Boiro, constitúe unha oportunidade para o enriquecemento mutuo mediante o intercambio de coñecementos e boas prácticas en ámbitos como a promoción turística e patrimonial, a gastronomía, a cultura ou o desenvolvemento económico", subliñan dende o goberno local.

Cultura, gastronomía e patrimonio

Dende fai anos ambos os dous municipios manteñen un forte vínculo ao realizar intercambios culturais e gastronómicos entre a veciñanza de cada concello que se despraza para poñer en valor os seus produtos e dar a coñecer o seu patrimonio e a súa cultura. Este vínculo veciñal institucionalízase agora con esta proposta de irmandamento que supón un marco permanente de colaboración.

"Os irmandamentos entre municipios constitúen unha ferramenta de cooperación institucional destinada a fortalecer os vínculos entre comunidades, promover o intercambio de experiencias e favorecer o desenvolvemento de iniciativas de interese común", conclúen dende o goberno boirense.

Tracking Pixel Contents