CAMPAMENTOS
Natureza, inclusión e lecer: o verán activo da Xunta fai parada en Ribeira e Boiro
Amicos clausurou o sétimo campo de voluntariado no que participaron mozos con e sen discapacidade

A alcaldesa e a directora xeral cos participantes no campamento de Amicos. / Cedida
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, achegouse hoxe ás instalacións xuvenís de Espiñeira, en Boiro, onde acompañou os participantes no campamento Candilexas, "unha das propostas da campaña Modo Verán Activo, que conta na provincia da Coruña cun total de 2.820 prazas nesta modalidade, repartidas en 12 espazos", explicou.
Cento vinte nenos e nenas están a piques de rematar a segunda das catro quendas desta actividade que inclúe desde artes escénicas, con teatro, danza ou maxia, ata outras accións de aventura e deportivas como son o tiro con arco, a festa da escuma, o volei ou os papaventos.
Contacto coa natureza e convivencia
Ademais, tal e como indicou Lara Meneses, "a rapazada tamén goza de excursións pola contorna, de maneira que combinamos o contacto coa natureza coa convivencia desde unha perspectiva lúdica, social e educativa".
Neste sentido, a directora xeral de Xuventude puntualizou que este equipamento recibirá durante todo o verán 498 nenos e nenas, entre eles os que tomarán parte entre agosto e setembro noutra das súas propostas, o campamento Talentia. Trátase dun proxecto que inclúe dinámicas de grupo co actor Rubén Riós e con outros convidados vencellados á interpretación, á música, á lingua ou ás redes sociais.
120 prazas nos campos de voluntariado
Por outra banda, Lara Meneses tamén estivo presente no Parque Natural de Corrubedo na última xornada do campo de voluntariado Amicos, incluído na oferta de verán da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e no que participaron 15 mozos e mozas.
Destacou que "as sete edicións van na liña dos valores que queremos transmitir desde a Xunta, xa que une o espírito voluntario, a inclusión social e o respecto polo medio ambiente".

Participantes no campo de voluntariado xuvenil de Amicos. / Cedida
Así, nestes días, os participantes puideron realizar accións de sensibilización e conservación ambiental coa recollida de residuos en praias e montes ou a identificación de especies mariñas, sumadas a visitas culturais e patrimoniais, obradoiros, xogos e dinámicas de grupo.
Pola súa banda, a presidenta de Amicos, Esther Vidal, agradeceu o apoio constante da Xunta de Galicia nesta iniciativa e puxo en valor "o compromiso dunha mocidade que demostra que a convivencia, a diversidade e o coidado do medio ambiente poden avanzar da man. O máis importante deste campo non son só as actividades que se realizan, senón as relacións que nacen, as aprendizaxes compartidas e as oportunidades que se nos presentan cando traballamos xuntos".
Máis de 800 prazas en Galicia
Os campos de voluntariado conforman unha das opcións da campaña Modo Verán Activo para maiores de 18 anos, cun total de 815 prazas entre as ofertadas en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro, 120 delas contabilizadas en oito enclaves da provincia da Coruña.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto