Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Ribeira prepara un gran parque canino para os seus máis de 7.300 cans inscritos

Construirase en Cubeliños e contará con fontes adaptadas, zonas de sombra e área de xogos

Do Campo, segunda esquerda, Vázquez e Sampedro no acto da firma do convenio.

Do Campo, segunda esquerda, Vázquez e Sampedro no acto da firma do convenio. / X. G.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A Xunta destinará máis de 60.000 euros para construír un parque canino no lugar de Cubeliños, en Ribeira. Grazas a este investimento dotará ao municipio dun espazo seguro, funcional e adaptado ás necesidades actuais dos animais de compañía e das súas familias.

Así o acordaron esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, María Sampedro, que asinaron o protocolo de colaboración en virtude do cal ambas administracións se comprometen a executar a construción total do parque canino.

Nesta liña, o departamento autonómico asumirá o custo íntegro da actuación e encargarase de licitar e executar os traballos, mentres que o Concello porá á disposición, libres de cargas, os terreos necesarios para acometer as obras de construción previstas, ademais de facerse cargo do posterior mantemento e conservación das instalacións, unha vez rematada a intervención.

Case dous mil metros cadrados

En canto ás características do futuro parque, que contará cunha superficie de 1.950 metros cadrados, construiranse portas de dobre acceso, fontes de auga adaptadas para cans, papeleiras e dispensadores de bolsas hixiénicas e bancos para as persoas usuarias. Ademais, será un espazo amplo para o paseo e a socialización dos animais con vexetación, zonas de sombra, boa iluminación e unha área de xogo con obstáculos e ramplas para favorecer o exercicio.

Neste sentido, Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, salientou "a importancia cada vez maior que ten para a cidadanía poder dispoñer nos seus propios municipios deste tipo de espazos dotacionais, ben equipados, amplos e deseñados para favorecer o exercicio, o xogo e a socialización dos seus animais de compañía, con liberdade e sen necesidade de correas ou bozos".

Sexto municipio galego

Para cubrir estas necesidades, lembrou que o ano pasado o seu departamento puxo en marcha unha iniciativa para promover da man dos concellos a construción de parques caninos nas grandes cidades galegas, que concentran máis do 20% dos case 740.000 cans inscritos no Rexistro galego de identificación de animais de compañía (Regiac).

Ao respecto, explicou que Ribeira -con 7.323 cans inscritos no Regiac, é dicir, 1,35 cans por cada 5 veciños- foi un dos primeiros concellos en amosar formalmente o seu interese en participar no programa e hoxe convértese no sexto municipio galego que acada o compromiso de colaboración da Xunta neste eido.

Tracking Pixel Contents