Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INFRAESTRUTURAS

Costa da Morte recibe máis dun millón de euros para mellorar camiños rurais

Cabana investiu preto de 104.000 euros nas parroquias de Corcoesto, Riobóo, Anos, Cesullas e Cundíns

Belén do Campo e José Muíño supervisan un dos viarios obxecto de mellora.

Belén do Campo e José Muíño supervisan un dos viarios obxecto de mellora. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cabana

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, visitou esta mañá varias actuacións de mellora executadas no concello dentro do Plan Camiña Rural 2025-2026, que contempla obras nos viarios das parroquias de Corcoesto, Riobóo, Anos, Cesullas e Cundíns.

Do Campo destacou que a Xunta concedeu ao Concello de Cabana unha subvención de máis de 85.000 euros, para a rehabilitación de viarios nestas zonas de uso frecuente pola veciñanza e "fundamentais para a mobilidade diaria e o acceso a explotacións e fincas da zona, chegando a un investimento total de preto de 104.000 euros".

Investimentos na provincia da Coruña

Na provincia da Coruña, na convocatoria 2025-2026, un total de 86 concellos recibiron achegas da Consellería do Medio Rural por un importe global de preto de 5,5 millóns de euros e na Costa da Morte foron beneficiarios destas axudas 15 concellos: A Laracha, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, Vimianzo, Ponteceso e Zas, que recibiron un importe total de máis de 1 millón de euros.

Plan Camiña Rural

A delegada da Xunta puxo en valor a importancia deste tipo de intervencións ao sinalar que "o Plan Camiña permite dar resposta ás necesidades reais dos concellos, especialmente no ámbito rural, onde a conservación dos camiños municipais resulta esencial para garantir a conectividade, facilitar a actividade económica e fixar poboación”.

Lembrou que a convocatoria do Plan Camiña Rural 2026-2027 conta cun orzamento de 19 millóns de euros en concorrencia non competitiva.

Tracking Pixel Contents