FEIRA
Do vinilo ao directo: o Xiradiscos enche Ribeira de música alternativa e arte urbana
A programación incluirá postos de artistas e artesáns do Barbanza, vinilos, pintura, ilustración e escultura

Martínez, esquerda, Barreiro e Mirás presentando o Xiradiscos 2026. / Cedida
A música soará novamente en Ribeira na quinta edición do Xiradiscos, que se celebrará o día 8 de agosto na praza de Porta do Sol. Trátase dunha feira alternativa que contará cun mercadiño cultural, a partir das 11.00 horas, cunha ducia de postos de artistas e artesáns, principalmente do Barbanza, que porá o foco na arte, concretamente, na pintura, na ilustración e na escultura, ademais de nos vinilos.
A partir das 21.00 horas comezarán as actuacións en directo con Three Blind Crows (de Pontevedra, blues/punk), Samesugas (de Santiago de Compostela, punk/rock), Feed the Pet (de Ferrol, indie rock), e Toño Ferreirós (de Boiro, sesión en vinilo).

Cartel promocional da quinta edición do Xiradiscos 2026. / Cedida
O evento, impulsado por Smart Multiservizos e Radix Records coa colaboración do Concello de Ribeira e diversas empresas, busca outorgarlle un espazo no calendario municipal á cultura alternativa e independente que naceu baixo o formato dunha feira do disco para ir reinventándose ano tras ano.
A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, destacou no acto de presentación que esta actividade, que se enmarca na programación da Fiestra da Cultura, "conta cun gran número de adeptos que fixo que, convocatoria tras convocatoria, esta feira fose medrando e incorporando actividades para redimensionarse".
Referiuse a este evento como "un punto de encontro para os nostálxicos do formato físico do vinilo e amantes de xéneros musicais máis alternativos, ademais dunha boa oportunidade para descubrir este mundo cultural para quen aínda non se animase a mergullarse nel".
Sacar a música do garaxe á rúa
Pola súa banda, José Manuel Martínez, Nell, de Smart Multiservizos, sinalou que o obxectivo é sacar esta música "do garaxe, do underground, á rúa". Tamén valorou positivamente a evolución desta proposta cultural que xurdiu no 2022 na praza de Vigo, onde permaneceu dous anos, para, ao ir in crescendo, pasar á praza de Porta do Sol con outras accións complementarias como presentacións literarias e ocio para a rapazada. Apuntou, ademais, que as últimas estatísticas constatan un maior consumo desta música alternativa e dos soportes físicos entre a mocidade.
Nati Mirás afondou no contido do mercadiño cultural que contará, por suposto, co clásico espazo dedicado á compravenda de discos de vinilo de colección e edicións especiais da man de Radix Records, un selo discográfico independente nacido no 2009 en Ribeira que edita os vinilos de numerosas bandas do panorama musical estatal. Así mesmo, este selo posibilita a participación dos grupos que tocan no Xiradiscos.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames