OBRAS
Malpica inviste en lecer infantil e seguridade viaria en Buño e Bareango
O Concello adxudicou por 29.961 euros a rehabilitación do parque Luciano García Alén, de Buño

Parque Luciano García Alén, de Buño. / Cedida
O Concello de Malpica adxudicou as obras de rehabilitación do parque infantil Luciano García Alén, situado en Buño, unha actuación incluída na segunda fase do POS+ Adicional 2/2025.
Os traballos foron adxudicados á empresa Suministro Integral del Agua, S.L. por un importe de 29.961 euros, e permitirán mellorar este espazo de lecer infantil "para facelo máis moderno, accesible e seguro para as nenas e nenos", subliñan dende o goberno local que preside Eduardo Parga.
Mellora dos espazos para a infancia
Con esta actuación, engaden, "avanzamos na mellora das infraestruturas públicas e dos espazos destinados á infancia, apostando por instalacións de maior calidade que favorezan o lecer e a convivencia das familias".
A rehabilitación do parque infantil Luciano García Alén súmase ás diferentes actuacións que o Concello está a desenvolver ao abeiro do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS+), co obxectivo de seguir mellorando os servizos e equipamentos municipais.
Entre elas destaca tamén a mellora da capa de rodadura do camiño desde a estrada DP-4307 ata Bareango. A obra foi adxudicada á empresa Construcciones Dámaso Ferreiro e Hijos, S.L. por un importe de 42.350,70 euros.

O Concello mellorará o camiño que une Bareongo coa estrada DP-4307. / Cedida
O obxectivo é mellorar o estado do firme, incrementando a seguridade viaria e facilitando os desprazamentos diarios da veciñanza, ademais de contribuír á conservación da rede municipal de camiños.
Desde o goberno municipal destacan que esta obra "forma parte do compromiso de continuar investindo na mellora das infraestruturas municipais e de atender as necesidades dos distintos núcleos do concello, co fin de ofrecer unhas comunicacións máis seguras e eficientes para toda a cidadanía".
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima