RURAL ACTIVO
Once concellos do Barbanza reforzan a prevención de lumes coa contratación de 45 persoas
A Consellería de Emprega achega preto de 800.000 euros

O alcalde e a delegada, á dereita, con edís e os cinco operarios contratados en Lousame. / X. G.
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Lousame, Esteban Ares, supervisou o traballo que están a desenvolver as cinco persoas contratadas durante nove meses a xornada completa ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, unha iniciativa do Goberno galego destinada a fomentar o emprego entre persoas desempregadas ao tempo que reforza a prevención de incendios forestais e a conservación do medio rural.
Do Campo destacou que o Concello de Lousame conta cunha achega de máis de 84.000 euros, que permitiu a contratación destes traballadores para realizar actuacións de limpeza de montes, xestión da biomasa, mantemento de espazos naturais e outras tarefas de carácter forestal e ambiental.

Esteban Ares, esquerda, e Belén do Campo, en Lousame. / X. G.
Subliñou que este programa contribúe a ofrecer unha oportunidade laboral ás persoas desempregadas, facilitándolles experiencia profesional e mellorando a súa empregabilidade, ao tempo que permite reforzar actuacións prioritarias para a protección do territorio e a prevención dos incendios forestais.
Ferramenta clave
A representante autonómica lembrou que a Xunta resolveu unha nova edición de Galicia Suma Talento: Rural Activo, dotada con 20 millóns de euros. No conxunto da provincia da Coruña, a Xunta financiou a contratación de 282 persoas en 82 concellos, cun investimento superior aos 5 millóns de euros, consolidando esta convocatoria como unha ferramenta clave para apoiar ás entidades locais e fortalecer a prevención de lumes no territorio.
No caso concreto da comarca do Barbanza, contaron co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, 11 concellos, para contratar a 45 desempregados cunhas achegas de preto de 800.000 euros.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»