Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FESTA

A Dorna navega entre humor, reciclaxe e reivindicación na praia de Coroso de Ribeira

O Costa Concordia, da peña Tocando Fondo, fíxose co premio á mellor embarcación

A máis veloz foi a nave fretada polos Pintos joden quintos

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

J. M. Ramos / Suso Souto

Ribeira

Creatividade, retranca, diversión e tamén reivindicación uníronse en Ribeira para gozar do día grande da Festa da Dorna cunha das citas máis agardadas: a Rejata Cutre Shark de embarcasións feitas á machada e propulsadas a pan de millo.

As enxeñosas embarcacións, elaboradas con materiais reciclados, cinta illante e escuma de poliuretano, entre outros materiais, foron expostas no Malecón antes de iniciar un colorido e animado desfile cara á praia de Coroso, onde se disputou a jran rejata, na que os tripulantes, ademais de amosar as súas habilidades para navegar, fixeron gala dun gran sentido do humor.

Unha das singulares "embarcasións" que participaron no Jran Premio Cutre Shark

Unha das singulares "embarcasións" que participaron no Jran Premio Cutre Shark / Cedida

Despois de surcar as ondas, o Costa Concordia, da peña Tocando Fondo, fíxose co premio á mellor embarcasión. No segundo lugar clasificaron as Parrochas papudas, e completaron o podio Os pintos joden quintos, que obtiveron un dobre premio, ao seren tamén os máis veloces. Arria o jallo e Polbos de Vilar completaron a clasificación das embarcacións máis valoradas.

Unha das peñas que participou no día grande da Festa da Dorna.

Unha das peñas que participou no día grande da Festa da Dorna. / Cedida

Esta foi ademais unha edición especial, na que case todas as peñas reivindicaron o festivo local para a Festa da Dorna, e moitas botaron man da retranca para botarlle en cara aos dous partidos do goberno que o ano pasado non aprobasen o 24 de xullo como festivo.

Monumento à Dorna, 'inaugurado' polas peñas dorneiras en Ribeira.

Monumento à Dorna, 'inaugurado' polas peñas dorneiras en Ribeira. / Cedida

É máis, 'inauguraron' un Monumento á Dorna, dedicado á alcaldesa María Sampedro, do PP, e a Vicente Mariño, do PBBI, por non atender a demanda das peñas dorneiras. Ademais, a peña Estou que Eskacho recreou unha procesión na honra da Virxe do Carme, lembrando con retranca que esta festividade foi unha das marcadas en vermello no calendario festivo local deste ano.

Tracking Pixel Contents