SERVIZOS
Dúas voluntarias de Alemaña e Francia chegan a Lousame para facilitar a conciliación en inglés
O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e conta con 30 prazas gratuítas

Agrafojo, esquerda, Guyot, Ares, Golte e Outeiral presentando a programación. / Cedida
O Concello de Lousame deu a benvida a dúas novas voluntarias europeas: Coco Golte e Alice Guyot, que serán as encargadas de impartir o programa gratuíto Leisure activities in english de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés
Foron recibidas polo alcalde, Esteban Ares; a concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral.
Trátase dun programa gratuíto de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés e que terá lugar do 17 ao 21 de agosto no local social do Sanguiñal, en Tállara, de 10.30 a 13.30 horas.
De Alemaña e Francia
Coco Golte, de 20 anos, procede dunha zona rural de Alemaña. Moi afeccionada ao deporte, é campioa de natación no seu país e sabe falar castelán, xa que estudou o idioma durante varios anos na escola. Escolleu a opción do voluntariado europeo porque "me interesa mucho trabajar con niños y con personas mayores y también quiero seguir creciendo a nivel personal y estoy convencida de que aquí en Lousame podré hacerlo", afirmou.
Alice Guyot, chega de Francia, ten 18 anos e acaba de rematar o Bacharelato, con especialidade en moda. Entende o español, porque o estudou durante tres anos, pero aínda non ten soltura falándoo. Entre as súas afeccións figuran o deporte, montar a cabalo e o breakdance.
Ambas forman parte do programa de voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade e colaborarán na posta en marcha da referida proposta para fomentar o uso do inglés durante as actividades.
Só dous concellos galegos ofrecen este servizo
O alcalde puxo en valor que "Lousame é un dos dous únicos municipios de Galicia que ofrecen este servizo, que está en marcha dende o ano 2017". Asegurou que "para nós é un orgullo poder levalo a cabo e cremos que é unha actividade que enriquece o noso concello e os nosos veciños, contando coa presenza destas dúas voluntarias que durante os próximos dez meses van colaborar con todas as actividades do día a día do noso concello".
Pola súa banda, Xosé Manuel Outeiral destacou que o Corpo Europeo de Solidariedade "é unha iniciativa da Unión Europea para dar unha oportunidade á xente nova de participar en proxectos solidarios en favor da comunidade". Así mesmo, apuntou que "o Concello de Lousame está acreditado tanto para recibir como para enviar voluntarios a través deste proxecto de mobilidade xuvenil transnacional", polo que animou á mocidade lousamiá a achegarse a coñecer esta iniciativa.
Aberto o prazo de reserva de prazas
O programa Leisure activities in english está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos de idade. As prazas poden reservarse dende hoxe e de forma gratuíta a través de www.bandoticket.com. "Inclúe pintura, karaoke, música, xogos, cine, creatividade, teatro, conversas e moito máis, todo en lingua inglesa para que os nenos e nenas sigan practicando o inglés no verán e o pasen moi ben", sinalou Silvia Agrafojo.
O Concello convoca inicialmente 30 prazas, "pero estamos dispostos a ampliar o número no caso de que haxa máis nenos e nenas empadroados en Lousame interesados en participar, xa que apostamos sempre pola conciliación", engadiu.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames