Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACTO

Boiro e Elciego selan unha irmandade que une cultura, turismo e gastronomía

A unión oficializa anos de intercambios entre a veciñanza boirense e a rioxana

Os alcaldes de Elciego, esqda., e Boiro, centro no acto no que selaron a irmandade.

Os alcaldes de Elciego, esqda., e Boiro, centro no acto no que selaron a irmandade. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

Os municipios de Boiro e Elciego celebraron este venres un acto institucional de irmandade co obxectivo de formalizar e poñer en valor os vínculos que unen ambos os dous municipios. O alcalde boirense, José Ramón Romero, e o seu homólogo de Elciego, Juan Carlos Uribe, asinaron a Carta de Irmandade que oficializa esta unión.

Este acto coincide coa visita bienal que veciñanza de Elciego realiza ao municipio de Boiro para poñer en valor os seus produtos máis senlleiros así como para descubrir a zona. Un intercambio cultural que se repite con delegacións de veciñanza boirense que tamén se desprazan cada dous anos á Rioxa alavesa.

Acto institucional para selar a irmandade entre os concellos de Boiro e Elciego.

Acto institucional para selar a irmandade entre os concellos de Boiro e Elciego. / Cedida

Ambos alcaldes asinaron unha carta que recolle o compromiso de levar a cabo de forma conxunta experiencias que poñan en valor a cultura, o turismo ou a gastronomía dos dous concellos; fomentar a colaboración entre asociacións e entidades de ambos municipios; así como preservar e difundir o patrimonio histórico, cultural e natural dos dous pobos.

Elciego é un municipio da rioxa alavesa recoñecido pola súa tradición vitivinícola, polo seu patrimonio histórico e arquitectónico e pola súa aposta pola calidade e o desenvolvemento sostible. A diversidade deste municipio xunto coa de Boiro, constitúe unha oportunidade para o enriquecemento mutuo mediante o intercambio de coñecementos e boas prácticas en ámbitos como a promoción turística e patrimonial, a gastronomía, a cultura ou o desenvolvemento económico.

Posta en valor de produtos, patrimonio e cultura

Dende hai anos ambos os dous municipios manteñen un forte vínculo ao realizar intercambios culturais e gastronómicos entre a veciñanza de cada concello que se despraza para poñer en valor os seus produtos e dar a coñecer o seu patrimonio e a súa cultura. Este vínculo veciñal vén de institucionalizarse agora con esta irmandade que supón un marco permanente de colaboración.

As actividades continúan esta fin de semana coa celebración do XII encontro gastrocultural Boiro-Elciego, unha degustación benéfica hoxe ás 20.00 horas na rúa peonil de Boiro.

TEMAS

Tracking Pixel Contents