Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

Jazz, rock, arpa, pop e verbenas: así soa o verán no Barbanza e en Muros-Noia

Hai tamén citas gastronómicas para degustar percebes, navallas, polbo, xoubas e mexillóns

José Antonio Domené durante a actuación que ofreceu no Noia Harp Fest de 2021.

José Antonio Domené durante a actuación que ofreceu no Noia Harp Fest de 2021. / CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

O verán avanza nos concellos das comarcas do Barbanza e Muros-Noia cunha axenda chea de citas para gozar cos cinco sentidos. Para saborealas e para poñerlle a banda sonora ao descanso estival.

As citas coa música son para amantes de estilos tan diferentes como o jazz, o rock e o pop, pero tamén dos éxitos dos 70 e dos 80 e, por suposto, das verbenas.

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

SUPLEMENTO ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2026

As vindeiras citas son o Noia Harp Fest, o festival internacional de arpa de noia (do 29 de xullo ao 1 de agosto); a Festa Hortera do Porto do Son (que este ano rende homenaxe a Michael Jackson, o 31 de xullo e o 1 de agosto); o Castelo Rock de Muros (do 6 ao 8 de agosto); o Rock in Rian de Rianxo (14 e 15 de agosto); e o festival Noites de Jazz de Rianxo (que inclúe concertos do 28 ao 31 de xullo).

O arpista José Antonio Domené será o solista encargado de protagonizar a gala de entrega do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, o concerto que abrirá o festival este mércores 29 no Coliseo Noela. Domené sumarase á Real Filharmonía de Galicia para interpretar a estrea de Alén do azul, a obra coa que o compositor coruñés Teo Montero Rey gañou a cuarta edición do certame.

O programa do Noia Harp Fest abarca desde a música clásica e antiga ata o jazz, a electrónica e a canción de autor. Serán dez concertos, todos eles gratuítos, nos que terán gran protagonismo as mulleres arpistas. Beatriz Martínez, Maeve Gilchrist, Neleta Ortiz, Siobhán Armstrong, Sona Jobarteh ou Park Stickney son algunhas das figuras que actuarán en Noia.

No Castelo Rock actuarán as bandas Big Especial, Kid Kapichi, Law, Martin Human, Nadie González, Orquestra Bravú Xangai, Parquesur, Saraiba, Tete de la Course, True Mountains, Viva Belgrado e XianPais.

Para o rianxeiro Rock in Rian os primeiros concertos confirmados son os de 9Louro, Familia Caamagno, Orquestra Bravú Xangai, EKOS, Bisaiak, Al Borde del Despido e Sustanciados.

Para gozar das verbenas convén anotar as festas do verán de Ribeira (do 29 de xullo ao 2 de agosto, nas que actuarán as orquestras Panorama e París de Noia e Café Quijano) e as de San Bartolomeu de Noia.

No eido gastronómico, hoxe celébrase en Rianxo a Festa da Xouba; a parroquia ribeirense de Aguiño acollerá a Festa do Percebe o 2 de agosto, e a da navalla, o 9. O Porto do Son celebrará tamén o 9 de agosto a Festa do Polbo, e Cabo de Cruz (Boiro) exaltará o mexillón do 14 ao 16 dese mes.

A música e a gastronomía, xunto coa artesanía, son os ingredientes doutras interesantes citas de marcado carácter temático: a Feira Celta do Porto do Son (que comezou onte e dura ata mañá) e outras tres propostas para agosto: a Feira Castrexa e o Boviño Fest, en Boiro, e a feira mariñeira Artemar, en Ribeira. n

Tracking Pixel Contents