Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESPECTÁCULO

'O Camiño do Amor' chega a Outes para vivir unha noite de rock, teatro e emoción audiovisual

A cita é mañá ás 21.00 horas na praza do Bosque con acceso libre e gratuíto

Espectáculo 'O Camiño do Amor' en Melide.

Espectáculo 'O Camiño do Amor' en Melide. / Concello de Melide

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Outes

A ópera rock galega dirixida por Carlos Alleres, O Camiño do Amor, chega á praza do Bosque de Outes este domingo ás 21.00 horas. O acceso é libre e gratuíto ata completar capacidade.

Trátase dunha iniciativa que mestura música en directo, teatro e proxeccións audiovisuais para contar unha historia sobre o amor e o desamor ao ritmo de clásicos do rock. O espectáculo conta co grupo Claxxon como banda principal.

Cartel promocional do musical que recala mañá en Outes.

Cartel promocional do musical que recala mañá en Outes. / Cedida

O repertorio inclúe versións en vivo de grandes himnos internacionais de bandas e artistas como Scorpions (Still Loving You), Elton John (Your Song) ou The Rolling Stones (Angie). A particularidade da proposta é que son as propias cancións as que conducen a historia, mentres que os subtítulos en galego sobreimpresionados nas proxeccións dan continuidade á ópera rock.

Un percorrido por Galicia

A historia desenvólvese a través dunha produción audiovisual interpretada polos actores María G. Caamaño, Lou Esmorís e Nando Llon, coa narración e condución de Lou7Go, e cos cameos de Tacho González, Víctor Fábregas, María Costas e José Churruca. A produción reúne tamén máis de cincuenta persoas de figuración.

A parte audiovisual foi gravada en diferentes localizacións de Galicia, entre elas As Catedrais, Faro Ortegal, Muxía, Fisterra, Carnota, Corrubedo, A Lanzada, Combarro, Bueu, Baiona e Oia, ademais doutros espazos como o Hotel Boutique 1880, en Gaxate, o Liceum Bar, no Porriño, e As Crechas, en Santiago de Compostela. O espectáculo complétase cun escenario de 24 metros de ancho e unha pantalla xigante de 6 por 3 metros.

TEMAS

Tracking Pixel Contents