GASTRONOMÍA
O Lirio de Ribeira conquista os padais dos dorneiros: mil racións en menos de dúas horas
Centos de persoas degustaron o prezado peixe en formato 'fish¬chips'

Grupo de dorneiros degustando o prezado Lirio de Ribeira. / Cedida
O Lirio de Ribeira conquistou a Festa da Dorna co reparto de 1.000 racións gratuítas en menos de dúas horas. A acción, organizada pola OPP83 Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia para dar a coñecer a súa marca de calidade e fomentar o consumo de peixe entre as novas xeracións, tivo un gran éxito de acollida entre o público dorneiro.
A degustación desenvolveuse nas inmediacións do Centro de Deportes de Raqueta Santa Uxía, fronte á praia de Coroso, onde centos de persoas se achegaron para desfrutar gratuitamente do sabor do Lirio de Ribeira ao estilo fish&chips elaborado polo catering Chicolino.

Dorneiros na 'foodtruck' que repartiu 1.000 racións de Lirio de Ribeira. / Cedida
A actividade completouse coa entrega de orixinais pai-pai con información sobre este peixe branco e a receita, así como neveiras de praia, agasallos pensados especialmente para os días calorosos do verán.

Dorneiros de todas as idades degustaron o prezado lirio. / Cedida
Á apertura asistiron a xerente da OPP83, María José Casais, o subdirector xeral de Valorización de Mercados da Xunta, Julio César García Varela, o concelleiro do Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, o presidente da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, Álex Nespereira, e a xefa do Distrito Marítimo de Ribeira, Leire Blanco.
María José Casais, xerente da OPP83, afimou que queren "que cada vez máis persoas, e especialmente os máis novos, coñezan e consuman Lirio de Ribeira. Repartir 1.000 racións en menos dunha hora demostra que hai interese por descubrir os nosos produtos pesqueiros cando os achegamos ao consumidor dun xeito diferente".

A degustación de Lirio de Ribeira foi todo un éxito. / Cedida
Pola súa banda, García Varela salientou que "este tipo de iniciativas son fundamentais para seguir avanzando na promoción e valorización dos produtos do mar, achegándoos directamente ao consumidor e poñendo en valor a calidade do noso sector pesqueiro".
Fernando Abraldes destacou que "Ribeira é unha vila profundamente ligada ao mar e é moi positivo aproveitar celebracións como a Dorna para compartir a nosa identidade mariñeira e promocionar os nosos peixes”.
Identidade de Ribeira
Pola súa parte, Álex Nespereira amosou a súa satisfacción pola acollida da iniciativa. "A Festa da Dorna é tamén un escaparate da identidade mariñeira de Ribeira, polo que estamos encantados de colaborar nunha acción que pon en valor un peixe tan noso como é o lirio".
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto