MAR
Aguiño celebra dez anos de Festa da Navalla con 600 quilos de quilómetro cero
Celebrarase o 9 de agosto e ofrecerá racións a quince euros

A alcaldesa, no centro, presidiu o acto de presentación da Festa da Navalla. / Cedida
A décima edición da Festa da Navalla de Aguiño, en Ribeira, servirá o vindeiro 9 de agosto uns 600 quilos deste bivalvo preparado á prancha a un prezo de 15 euros a ración. Ademais, os comensais poderán degustar tamén arredor de 250 quilos de sardiña e setecentas racións de empanada.
A celebración será amenizada musicalmente por Chiña e Tabernarias, e os tíckets empezarán a venderse a partir das 10.00 horas.

Cartel promocional da décima Festa da Navalla de Aguiño. / Cedida
A cita gastronómica foi presentada pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro; o concelleiro de Mar e Festexos, Fernando Abraldes; e o presidente da comisión de festas da parroquia aguiñense, Julio Abraldes, xunto a Teruca Sampedro e Pili Millet, integrantes tamén da entidade.
A rexedora destacou o labor do asociacionismo, nomeadamente das comisións de festas para, nesta ocasión, poñer o foco "nun dos produtos máis venerados do noso mar; un produto que, ademais, ten gran relevancia na lonxa de Aguiño e que será de quilómetro 0, da propia parroquia".
Navalla extraída en apnea
O concelleiro de Mar e Festexos, Fernando Abraldes, precisou que toda a navalla será extraída da zona do Castro-A Catía en apnea.
Pola súa banda, o presidente da comisión agradeceu a colaboración da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, así como do Concello de Ribeira e da Consellería do Mar. "Queremos que a festa vaia medrando cada ano", apuntou.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical