Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VERBAS NO MAXÍN

Teatro, monicreques e música para redescubrir o universo Valle-Inclán na Pobra

O ciclo conmemora o cincuenta aniversario da declaración da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional

Patricia Lojo, esquerda, e Sara Barbanzán na presentación do ciclo.

Patricia Lojo, esquerda, e Sara Barbanzán na presentación do ciclo. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Pobra

A Pobra do Caramiñal acolle Verbas no Maxín, un ciclo de estío de teatro, música e títeres para conmemorar o 50 aniversario da declaración da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional.

O ciclo comezou co roteiro teatralizado Los blasones de Viana del Prior. Visita dramatizada en A Pobra por los mundos de Valle-Inclán, a cargo do actor e guionista Suso Martínez. A segunda cita será o sábado 22 de agosto, ás 12.30 horas, coa representación de A cabeza do dragón, da compañía Títeres Cachirulo, unha farsa infantil de Valle-Inclán con monicreques de Carmen Domech e dirección de Jorge Rey. A actividade desenvolverase na Alameda Xardíns de Valle-Inclán.

Cartel promocional do ciclo Verbas no Maxín.

Cartel promocional do ciclo Verbas no Maxín. / Cedida

O ciclo rematará o sábado 12 de setembro, ás 12.30 horas, co roteiro teatralizado Tourné: A vila na que pariu marabillas. Espazos valleinclanianos, da compañía Teatro En Punto (TEP). A proposta contará coa dirección de Gloria Rico Galán, coa participación das actrices Gloria Rico e Nuria Sanz e coa música en directo de Sabela Dacal. O punto de encontro será a Alameda Xardíns de Valle-Inclán.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, asegura que esta iniciativa nace "cun obxectivo moi claro: abrir aínda máis o Museo Valle-Inclán á cidadanía e achegalo a novos públicos, especialmente a aquelas persoas que non teñen o costume de visitar este tipo de espazos”.

TEMAS

Tracking Pixel Contents