A Big Band da Escola de Música de Rianxo abre este martes o festival Noites de Jazz
O programa inclúe catro concertos nocturnos, jam sessions e cursos de Big Band e swing

Julián Bustelo, terceiro pola esquerda, cos promotores do festival Noites de Jazz de Rianxo. / Cedida
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, presentou unha nova edición do festival Noites de Jazz, que terá lugar do 28 ao 31 deste mes de xullo na Praza de Rafael Dieste e que inclúe catro concertos, todos eles ás dez da noite.
Este ciclo de actuacións abarca distintos estilos jazzísticos: desde a música de gran banda, propia da Big Band, ata as propostas e adaptacións de autor no formato de cuarteto, rematando coa forza do swing, o hot jazz, o dixieland ou o blues.
O concerto inaugural (este martes 28) correrá a cargo da Big Band da Escola de Música de Rianxo, formada por 33 músicos e dirixida por Alfredo Susavila.
O mercores 29 será o turno do José Nine Cuarteto. José Nine Ces (de Asados) é un compositor e artista musical de longa traxectoria en presentacións en vivo, produción de contido sonoro e dirección de ensambles, e é un recoñecido docente de saxo, frauta e clarinete.
O xoves actuará o Quarteto TbA, un grupo de jazz nacido no Porto, conformado por João Silva na batería, Carlos Barreto no contrabaixo, Manuel Guerra no piano e Bernal Muíños no saxofón barítono. A formación conxuga as inquedanzas de catro mozos de Galicia e Portugal, partindo da tradición jazzística ata xogar con novas sonoridades propias do jazz moderno.
E o venres 31 o concerto de clausura estará protagonizado por Los Hot Chocolates, que plantexan unha viaxe á tradición do swing, o hot jass, o dixieland e o blues agromado en New Orleans e difundido, vía Chicago e New York, ao resto do mundo.
O programa do festival inclué tamén varias actividades (algunhas xa celebradas hai uns días), como as jam sessions, nas que, sen preparación nin ensaio previo, diferentes músicos e músicas poñen en común o repertorio que coñecen, creando no momento versións únicas de temas clásicos.
O venres 31, ás 13.00 horas, na Praza de Padrón, actuará o Quarteto TbA (Portugal).
Ademais, os profesores Alfredo Susavila (piano) e Bernal Muíños (saxos) imparten un curso de Big Band os martes e os xoves de xullo. O concerto de clausura será este martes 28.
Tamén se imparte un curso de introdución ao swing, que clausurará cun baile na Praza de Rafael Dieste o venres 31.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»