O Porto do Son rexistrou o ano pasado un índice de 31 doazóns de sangue por cada mil habitantes e ano
En 2025 realizáronse 105.333 en toda Galicia, tres puntos por encima da media nacional, e no que levamos de 2026 xa son 60.000

Belén do Campo, cuarta pola esquerda, e Beiras, dereita, con edís do Porto do Son. / Cedida
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo director de xestión de Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), José Luis Beiras, e por concelleiros do Porto do Son, visitou este luns a unidade de doazón de sangue nesa localidade, que se suma á campaña de verán Un alento de vida, para fomentar a participación cidadá durante os meses de verán.
Esta iniciativa achegará a doazón a máis de 170 concellos galegos entre o 15 de xuño e o 31 de agosto, con 800 desprazamentos, tentando garantir a participación dos galegos e galegas nas campañas da ADOS durante o período estival e obter ao redor de 22.000 doazóns de sangue co obxectivo de 400 doazóns diarias, xa que son as necesarias para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos.
Esta cifra mantense nos meses de verán, un período especialmente sensible por mor da deslocalización dos doantes habituais. Neste senso, Belén do Campo lembrou que os días, 23, 24 e 27 de xullo as unidades de doazón de sangue estiveron en 15 concellos da provincia da Coruña.
Neste campaña que se iniciou en xullo e rematará en agosto as unidades móbiles estarán en 7 concellos do Porto do Son, Rianxo, Muros, Boiro, A Pobra, Ribeira e Noia.
A delegada da Xunta lembrou que no ano 2025 realizáronse 105.333 doazóns en toda Galicia, tres puntos por encima da media nacional, e que no que levamos de ano, a día de hoxe, xa se realizaron 60.000 doazóns.
Colaboración fundamental
A campaña Un alento de vida lembra a importancia de procurar unha oportunidade de curación para moitos enfermos que só poden brindarlle os doantes de sangue que, co seu xesto solidario, contribúen ao posibilitar o tratamento de moitos doentes atendidos no sistema público de saúde.
Esta iniciativa quere chamar a atención sobre a necesidade de doar aínda que sexa verán e gocemos de vacacións, lembrando que as unidades móbiles tamén terán unha importante presenza en municipios de costa e eminentemente vacacionais.
Elevar a participación
José Luis Beiras amosou o agradecemento da ADOS ao Concello de Porto do Son "pola súa implicación e decidido compromiso no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue", así como o recoñecemento "a todos os veciños e veciñas do Porto do Son que doan sangue".
Neste sentido, lembrou que en 2025 este municipio coruñés acadou, con 281 doazóns, unha taxa de 31 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.
Pode doar sangue calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue.
Para máis información, ADOS dispón do portal web ados.sergas.gal, as redes sociais e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto