O Concello de Ribeira destina case 900.000 euros ao reforzo de servizos básicos
O Goberno local comprometeuse a realizar un programa de mantemento e conservación periódico de todos os elementos patrimoniais do municipio

La alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, no pleno celebrado este luns. / Cedida
A Corporación municipal de Ribeira aprobou de xeito inicial un suplemento de crédito por importe de 877.884 euros con cargo ao remanente líquido de Tesourería para reforzar servizos básicos.
Desde xeito destínanse 200.000 euros á colocación de bombeos en Canaveiro (Oleiros), Espiñeirido e Campelos (Olveira) e Lixó e San Pedro (Palmeira); 145.209 euros a melloras en colexios; 150.000 euros á climatización da Escola Infantil Municipal; e 150.000 euros á primeira fase de renovación do aglomerado da avenida de Ferrol e da súa liña de abastecemento.
Tamén se reservan 100.000 euros para unha nova edición do programa de bonos AmaRibeira e 40.000 euros para mellorar a bancada do campo de fútbol da Fieiteira, cambio do chan do ximnasio do complexo deportivo, mellora da iluminación nos polideportivos de Artes e Palmeira e actuacións no Campo da Trinidade de Oleiros.
Destinaranse así mesmo 25.560 euros á adquisición de dez radares pedagóxicos para colocar en distintos puntos do municipio; e 20.000 euros para adquisición de máquinas para o Centro de Deportes Náuticos.
Outra parte do suplemento (104.144 euros) será para dar cumplimento a unha sentenza que obriga ao Concello a indemnizar a unha exempregada municipal que traballou para o antigo Padroado de Deportes e regularizou a súa situación laboral.
Trátase, segundo explicou o BNG, dunha extraballadora "mantida máis de 13 anos como falsa autónoma durante os gobernos do PP". Os nacionalistas criticaron "que os cartos públicos teñan que ir parar pagar os pufos e apaños do Partido Popular, en vez de para mellorar servizos básicos".
"A sentenza determina que a empregada prestou servizos de conserxería e limpeza entre xaneiro de 1991 e decembro de 2004 mediante un contrato administrativo encuberto e facturando mensualmente como falsa autónoma, sen que o Concello a dera de alta na Seguridade Social nin cotizase por ela durante máis de 13 anos", segundo o BNG.
En relación a este asunto, o Goberno local sinalou a este xornal que “a alcaldesa tiña tres anos cando esta traballadora comezou a prestar servizo no Concello de Ribeira" e que "non é responsable da forma de contratación escollida, senón tan só de darlle unha solución a esta traballadora e de cumprir a sentenza xudicial”.
Por outra banda, en base a unha moción do PSOE que solicitaba acondicionar o lavadoiro de Penisqueira, o Goberno local presentóu unha emenda, aprobada por unanimidade, coa que se compromete a realizar un programa de mantemento e conservación periódico de todos os elementos patrimoniais do concello.
Finalmente, o pleno aprobou por unanimidade redactar un regulamento municipal para o control e a ordenación do estacionamento de caravanas, autocaravanas e vehículos-vivenda a petición do PSOE.
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- La maldición de las nubes en la costa de Lugo: 'Aquí tenemos el eclipse más largo porque ya empezó a las 8 de la mañana
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Los viajes de fin de etapa cambian su rumbo en Santiago: las agencias digitales impulsan el Interrail y los 'Pasos de Ecuador' para celebrar el fin de etapa
- Retenciones de hasta 6 kilómetros en Padrón
- La ruta aérea Santiago-Nueva York consolidará su presencia en Lavacolla
- La sequía golpea a las granjas gallegas: «El maíz necesita agua y solo recibe sol y calor»