Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Eduardo Hermo doa ao Concello de Ribeira o cadro 'Mariña imaxinaria'

A obra mide 55 por 46 centímetros e foi elaborada en 2015 sobre táboa con pedramol, acuarela e acrílico

Eduardo Hermo entregándolle o cadro a Ana Barreiro.

Eduardo Hermo entregándolle o cadro a Ana Barreiro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ribeira

A exposición Retrospectiva, de Eduardo Hermo, rematou a súa estadía no centro cultural Lustres Rivas de Ribeira e, por tal motivo, o artista quixo doar ao Concello unha das súas obras, a cal entregou á concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A peza titúlase Mariña imaxinaria, mide 55 por 46 centímetros e foi elaborada en 2015 sobre táboa con pedramol, acuarela e acrílico.

O artista tamén fixo visitas guiadas ao alumnado de programas municipais como, por exemplo, do taller de memoria, do IV Ciclo da USC e do curso de lingua e cultura galegas.

A mostra estivo integrada por unha trintena de obras, principalmente óleos e acrílicos, e permitiu repasar as tres décadas de traxectoria de Hermo no mundo da arte.

Ao longo do mes de xullo foi visitada por máis de 200 persoas.

Tracking Pixel Contents