Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Rescatan no Porto do Son un traballador que caeu nun pozo dende unha altura de cinco metros

O accidente prodúxose no lugar de Loreto cando rompeu a tapa sobre a que estaba o operario

Imaxe do pozo no que caeu o traballador.

Imaxe do pozo no que caeu o traballador. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Porto do Son

Os servizos de emerxencias rescataron este xoves unha persoa que caeu nun pozo no lugar de Loreto, en Noal (O Porto do Son). O home permaneceu consciente en todo momento e presentaba lesións nun brazo.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia, ao fío das 12.30 horas. Durante a chamada, explicou que un compañeiro de traballo caera ao fondo dun pozo duns cinco metros de profundidade, logo de romper a tapa.

Tralo rescate, foi atendido polo persoal sanitario, que acudiu ao punto en ambulancia.

No rescate interviñeron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Boiro e Ribeira, o GES de Noia e a Policía Local do Porto do Son.

Tracking Pixel Contents