Muros pecha a pasarela de madeira que une O Artón co peirao de Esteiro tras detectar danos estruturais
O Concello está valorando cos técnicos municipais se se fará unha reparación ou se deberá ser substituída

O acceso á pasarela foi precintado. / Cedida
O Concello de Muros pechou, por recomendación dos servizos técnicos municipais, a pasarela de madeira que une O Artón co peirao en Esteiro, máis coñecida como A Ponte de Evaristo, tras detectarse danos na súa estrutura durante os traballos habituais de mantemento que se realizan de maneira periódica.
"Esta infraestrutura é obxecto de revisións e labores de conservación de forma continuada. De feito, antes do inicio da tempada estival leváronse a cabo unha nova inspección e as correspondentes actuacións de mantemento",sinalan dende o Goberno local.
Foi precisamente no transcurso desas tarefas habituais cando se detectou unha deterioración estrutural que aconsella adoptar esta medida de precaución.
Segundo o informe técnico, un tránsito peonil ordenado non suporía, en principio, un risco inmediato.
Porén, o Goberno local considera que "non é posible garantir que a pasarela non soporte cargas superiores ás previstas ou que se produzan comportamentos inadecuados, como sentarse ou colgarse das varandas, situacións que poderían comprometer a súa seguridade".
"Ante esta circunstancia, o Concello ten a obriga de actuar con responsabilidade e priorizar a protección das persoas. Somos plenamente conscientes de que este peche, en plena época estival, supón un contratempo para veciños, veciñas e visitantes", sinala o Executivo que preside María Lago.
"Pedimos desculpas polas molestias que poida ocasionar, pero entendemos que a seguridade debe estar sempre por riba de calquera outra consideración", engade.
Paralelamente, o Concello xa está a impulsar os trámites necesarios para definir e executar a solución máis axeitada, xa sexa mediante a reparación da infraestrutura ou, se así o determinan os informes técnicos, a súa substitución.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames