Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cheo total en Rianxo para degustar mexillóns en base a oito receitas

Servíronse 3.000 quilos: ao vapor, á vinagreta, en escabeche, en empanada, en croquetas, en prato-degustación, con fabas, panceta e chourizo e ata con pera ao viño

Cheo total en Rianxo para degustar mexillóns en base a oito receitas

Suso Souto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rianxo

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, fixo doblete este domingo no Barbanza, onde, asistiu á Festa do Percebe de Aguiño e á XV Festa do Mexillón de Rianxo.

Nesta última localidade, reivindicou "o bo facer dos bateeiros galegos na subministración dun alimento de alta calidade para unha dieta saudable".

A cita gastronómica rianxeira está organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e do Club de Remo local, e a deste ano foi probablemente unha das edicións máis multitudinarias.

A carpa instalada na alameda estaba ateigada de xente.

A carpa instalada na alameda estaba ateigada de xente. / Suso Souto

Milleiros de persoas déronse cita na carpa instalada na alameda. Alí, os asistentes puideron degustar mexillóns cociñados en base a oito receitas: ao vapor, á vinagreta, en escabeche, en empanada, en croquetas, en prato-degustación, na especialidade terra-mar (con fabas, panceta, chourizo, etc.) e tartaleta de crema de mexillón con pera ao viño. Cada ración vendíase a seis euros.

En total cociñáronse 3.000 quilos de mexillóns (1.000 quilos ao vapor, con cuncha, e o resto para vianda).

Pero o mexillón non só foi protagonista na alameda; tamén o foi nos restaurantes do concello, nos que non era doado atopar mesa para xantar.

Para as once da noite estaba prevista a actuación dun grupo folk.

Tracking Pixel Contents