A patronal de Boiro pecha a exitosa campaña Quincenas fantásticas cun récord histórico, ao rexistrarse 4.701 tíckets de compra
As gañadoras dos tres vales no sorteo da segunda quincena son María Jesús Silva (250 euros), Rosa Sánchez (150) e María Carrera (100)

Gráfico da evolución do número de rexistros nas distintas edicións da campaña Quincenas fantásticas. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrou este luns o segundo e último sorteo da campaña Quincenas fantásticas, poñendo o broche final a unha das edicións máis exitosas desde a posta en marcha desta iniciativa de dinamización comercial.
Durante a segunda quincena da campaña, desenvolvida entre o 17 de xullo e o 2 de agosto, rexistráronse 2.348 tíckets de compra, unha cifra practicamente idéntica á acadada na primeira quincena, na que se contabilizaran 2.353 rexistros.
En conxunto, a campaña pecha esta edición con 4.701 participacións, converténdose na edición con maior número de rexistros da historia desde que a campaña se desenvolve en formato de dúas quincenas.
A evolución da campaña nos últimos anos confirma a súa consolidación e crecemento continuo. En 2021 rexistráronse 2.469 participacións (catro quincenas); en 2022 foron 3.890 (catro quincenas); en 2023 foron 6.346 (catro quincenas); en 2024 foron 3.588; en 2025 foron 4.395; e en 2026 foron 4.701 (novo récord histórico no formato de dúas quincenas).
No sorteo celebrado este luns repartíronse os últimos 500 euros en bonos. As gañadoras dos vales foron: María Jesús Silva (250 euros), por unha compra realizada en Supermercado Mercamás; Rosa Sánchez (150 euros), por unha compra realizada en Miniklass Tenda Infantil; e María Carrera (100 euros), por unha compra realizada no Café Literario Ágora.
Daniel García considera "extraordinario" o resultado
O presidente da ABE, Daniel García, destacou a excelente resposta obtida nesta edición e sinalou que "rematar a campaña cun total de 4.701 participacións supón un resultado extraordinario. Máis alá do récord, o máis importante é comprobar que miles de persoas continúan confiando no comercio de proximidade e participan activamente nas iniciativas que organizamos para premiar esa fidelidade".
"Estes datos demostran que o comercio de Boiro segue sendo un referente e que as campañas da ABE continúan xerando un importante impacto na actividade dos nosos establecementos", engadiu.
Dende a ABE queren agradecer a implicación dos máis de 220 establecementos participantes, así como a confianza da clientela, cuxa resposta permitiu superar amplamente os rexistros das últimas edicións e converter esta campaña nun novo éxito colectivo.
A campaña Quincenas fantásticas 2026, financiada pola Xunta de Galicia dentro das accións de apoio ao comercio de proximidade, consolídase un ano máis como unha das iniciativas de dinamización comercial con maior participación do municipio, contribuíndo a incentivar as compras no comercio local e a premiar a fidelidade da veciñanza e das persoas que escollen Boiro para realizar as súas compras durante o verán.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames