Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cabo de Cruz exaltará esta fin de semana o mexillón con catro receitas tradicionais e innovadoras

Gerardo Triñanes, expresidente de Agalcari, será o pregoeiro dunha festa que inclúe showcookings, degustacións, charlas, música e espectáculos

María Outeiral, con organizadores da XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz.

María Outeiral, con organizadores da XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

A localidade boirense de Cabo de Cruz celebrará do 14 ao 16 de agosto a XVIII Exaltación do Mexillón. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa de actividades xunto con Abel Sánchez, presidente da organización.

Esta cita, que se volveu recuperar logo de varios anos nos sen celebrarse, ten como finalidade promover o mexillón das rías galegas, buscando levar máis lonxe un produto habitual da dieta dos galegos e galegas e que xera un gran número de postos de traballo directos e indirectos.

“Hai tres anos que recuperamos esta cita e seguimos apostando pola calidade e por promover e poñer en valor o noso producto”, afirmou Abel Sánchez.

As actividades comezarán o venres 14 cunha novidade: o pregón a cargo de Gerardo Triñanes, expropietario de Estaleiros Triñanes e expresidente da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), e continuarán cun espectáculo de circo, a degustación de mexillóns en tres variedades e o concerto de Luis Fercán.

Gerardo Triñanes será o pregoeiro da XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz.

Gerardo Triñanes será o pregoeiro da XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz. / Cedida

O sábado as actividades comezarán ás 11.30 horas coa charla Desafíos e oportunidades para o cultivo do mexillón, que impartirá o investigador do CIIMAR Sergio Fernández Boo.

Logo haberá un showcooking a cargo de Alberto Lareo. A sesión vermú estará amenizada por Xoubas e, haberá degustación de petiscos elaborados a base de mexillón.

Xa pola tarde, a partir das 20.30 horas, haberá un showcooking a cargo de Iago Pazo, unha degustación de marmitako de mexillóns e de mexillóns ao vapor e a actuación musical de Versionettes.

O domingo 16 será o día grande, co menú-degustación de catro elaboracións da XVIII Exaltación do Mexillón, que mestura receitas tradicionais con outras máis innovadoras. Actuará o grupo O Ar de Loureda.

A organización prevé repartir nesta festa unhas 8.000 racións de mexillóns.

O Concello de Boiro adquiriu máis de 3.000 quilos de mexillóns para repartir entre os locais hosteleiros, que durante toda a semana servirán petiscos gratuítos dese produto en distintas elaboracións.

Tracking Pixel Contents