Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Porto do Son adereza esta fin de semana con humor a Feira do Polbo

Federico Pérez e Marcos Pereiros representarán o sábado o espectáculo Os tristes na fachada marítima, onde terá lugar a degustación do cefalópodo

Federico Pérez, esquerda, e Marcos Pereiros representarán o espectáculo de música e humor 'Os tristes'.

Federico Pérez, esquerda, e Marcos Pereiros representarán o espectáculo de música e humor 'Os tristes'. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
O Porto do Son

A zona portuaria do Porto do Son acollerá os vindeiros días 8 e 9 de agosto a XXXII Feira do Polbo, unha cita gastronómica e festiva que logra acoller unha gran multitude de público e que xira en torno a este prezado produto. 

A programación inclúe a tradicional Andaina do Polbo, música en directo e, por suposto, a desgustación do cefalópodo. 

O sábado 8 celebrarase a andaina entre Boiro e O Porto do Son. Os participantes deberán estar na fachada marítima sonense ás 08.00 horas para coller un autobús ata Boiro e percorrer os 23 quilómetros que compoñen este roteiro de dificultade moi alta. 

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico osoncamina@gmail.com, por un prezo de 10 euros. Para máis información, poden chamar ao 981 767 589.

O grupo Trécola porá a música nas rúas do Porto do Son e a partir do mediodía será a degustación de polbo na carpa da feira.

A partir das 13.30 horas, os artistas galegos Federico Pérez e Marcos Pereiros representarán o espectáculo de música e humor Os tristes, na fachada marítima, onde tamén será a actuación de Paco de Leña a partir das 21.00 horas.

DJ Chocholate encargarase da animación musical a partir das 23.00 horas.

O domingo 9 haberá de novo degustación de polbo na carpa. A sesión vermú estará amenizada pola charanga MIL9.

A Banda de Música Tradicional Suevia actuará na Praza de España a partir das 22.00 horas, e o grupo de baile Anduriña ás 22.45 horas.

Tracking Pixel Contents