A Pobra celebrará a Festa do Carme dos Pincheiros con catro días de música e cultura popular
Celebraranse do 14 ao 17 de agosto e inclúen os tradicionais desfiles de xigantes e cabezudos, a procesión e os San Juerguines

Patricia Lojo, con membros da comisión de festas do Carme dos Pincheiros. / Cedida
A concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, presentou unha nova edición das festas do Carme dos Pincheiros, que se desenvolverá do 14 ao 17 de agosto cunha ampla axenda na que a música e a cultura popular compartirán protagonismo con algunhas das tradicións máis arraigadas da vila.
Na presentación participaron tamén representantes da comisión de festas, que deron a coñecer os principais detalles das catro xornadas.
Durante a súa intervención, Lojo salientou o carácter especial desta cita e o seu forte vínculo coa identidade da Pobra. Fixo especial fincapé nos xigantes e cabezudos, que forman parte da historia e da tradición local e constitúen un dos elementos que lle confiren unha personalidade propia á festa.
A concelleira quixo recoñecer tamén o labor dos rapaces que se encargan de sacar estas figuras á rúa e facelas bailar durante estes días. Destacou as horas que dedican, o esforzo e a ilusión que poñen para contribuír a manter vivo un legado que continúa pasando dunha xeración a outra.
Lojo referiuse igualmente á implicación municipal e explicou que este ano o Concello realiza unha achega de 35.000 euros á comisión de festas, ademais de encargarse directamente da programación do venres. O apoio abrangue tamén os montaxes, as infraestruturas, a limpeza, a coordinación e outros labores necesarios para que todo estea preparado.
A edil agradeceu, así mesmo, a dedicación da comisión, poñendo en valor o esforzo e as numerosas horas que require organizar unhas festas destas características.
Catro días de música e cultura popular
O programa comezará o venres 14 de agosto. Ás 19.00 horas sairán os xigantes e cabezudos co grupo de gaitas Trécola e, ás 19.30 horas, terá lugar a imposición de escapularios aos novos confrades.
Ás 20.00 horas realizarán un percorrido desde a Praza Alcalde Segundo Durán ata o Concello e, ás 21.00 horas, celebrarase o pregón. A partir das 22.30 horas chegarán Déixate Estar, Firadela, Human, Eme Music e DJ Marcos Magán.
O sábado 15 a troula arrincará ás 11.00 horas coa Banda de Música de Vilaboa, a Banda de Gaitas Airiños de Fene, Os Caraveiros, Xiada, Churimás e Os Arghalleiros.
Ás 12.00 horas haberá xogos populares con Axóuxere e saída dos xigantes e cabezudos co grupo de gaitas Trécola; ás 13.00 horas, a Banda de Música de Vilaboa actuará no xardín e ofreceranse concertos das distintas agrupacións polas prazas da vila.
Ás 16.30 horas chegarán os San Juerguines e a Festa da Auga. A partir das 22.30 horas, a noite estará protagonizada pola Orquestra Capitol e Discomóbil Karamelo.
O domingo 16 comezará ás 11.00 horas coa Banda de Música de Noia, a Banda de Gaitas de Calo, Os Caraveiros, grupos de gaitas Xiada, Os Arghalleiros e Queicoa.
Ás 11.30 horas terá lugar a entrada da Banda de Música da Brilat e o desfile e, ás 12.00 horas, a benvida á Brilat con arrancadeira no Cantón da Leña, ademais dunha nova saída dos xigantes e cabezudos co grupo de gaitas Trécola.
Ás 13.00 horas actuará a Banda de Música de Noia no xardín e, ás 18.30 horas, celebrarase a misa solemne, procesión da Virxe do Carme e ofrenda floral. A partir das 22.30 horas será a quenda de Panorama City e Chocolate Disco Móbil.
O luns 17 abrirase ás 11.00 horas coa Banda de Música de Calo, a Banda de Gaitas Herba Grileira, grupos de gaitas Xiada, Os Caraveiros, Ar de Loureda e Os Arghalleiros, ademais do Tren Pincheiro. Ás 12.00 horas abrirá Pincheirolandia; ás 12.30 horas sairán os xigantes e cabezudos co grupo de gaitas Trécola e, ás 13.00 horas, terá lugar a Festa da Espuma e o concerto da Banda de Música de Calo no xardín.
Ás 13.30 horas está previsto o percorrido dos distintos grupos de gaitas. Pincheirolandia retomará a actividade ás 17.00 horas e, ás 20.00 horas, haberá unha nova saída dos xigantes e cabezudos acompañados polos grupos de gaitas. Ás 22.30 horas actuará Treixadura e, ás 00.30 horas, terá lugar a gran queima de fogos artificiais e combate naval. Despois dos fogos continuará a música con Chocolate Disco Móbil.
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- El pueblo a 20 minutos de Santiago donde comer callos hasta hartarse por 5 euros este septiembre: pazos centenarios, música y naturaleza
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves