Galicia é a quinta comunidade autónoma con maior número de contratacións de persoas con discapacidade
O conselleiro de Emprego, José González, visitou en Outes as instalacións de Adisbismur para poñer en valor o traballo das entidades sociais

José González, esquerda, e Francisco Calo, centro, cun usuario de Adisbismur no invernadoiro da entidade, en Outes. / Cedida
Segundo o último Informe Estatal do Mercado de Traballo das Persoas con Discapacidade, Galicia sitououse o ano pasado como a quinta comunidade autónoma con maior número de contratacións neste colectivo.
Para poñer en valor o traballo que se leva a cabo nese eido dende diversas entidades, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou este martes en Outes o Centro Especial de Emprego da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur).
Acompañado do alcalde de Outes, Francisco Calo, o conselleiro puido coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a entidade e as oportunidades laborais que xera na comarca.
Durante a visita, o conselleiro puxo en valor a traxectoria de Adisbismur, que leva máis de 40 anos traballando pola autonomía e a inclusión das persoas con discapacidade e das súas familias.
A entidade ofrece servizos de atención, información, asesoramento e acompañamento, ao tempo que promove a formación e o acceso ao emprego, facilitando que as persoas con discapacidade poidan desenvolver un proxecto profesional e participar activamente na sociedade.
González puxo en valor, ademais, que Adisbismur está integrada na Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) e destacou o papel que xogan os Centros Especiais de Emprego como unha peza clave da economía social, ao combinar a creación de emprego inclusivo coa xeración de oportunidades reais para as persoas con discapacidade e para os colectivos con maiores dificultades de inserción.
Neste sentido, lembrou que están plenamente integrados no tecido produtivo galego e que permiten que milleiros de persoas con discapacidade atopen no emprego unha vía para gañar autonomía, estabilidade e participación plena na sociedade, dando resposta ademais as demandas do territorio en sectores como as artes gráficas, a alimentación, a artesanía ou o transporte, entre outros moitos.
Apoio autonómico á economía social
González lembrou que a Xunta destina este ano máis de 45 M€ ao impulso da economía social, dos que 27 M€ corresponden á orde de axudas aos centros especiais de emprego.
Estas achegas permitirán manter ao redor de 6.600 contratacións de persoas con discapacidade, crear novos empregos estables, adaptar postos de traballo e reforzar as unidades de apoio profesional, especialmente relevantes para as persoas con maiores dificultades de inserción.
Esta liña de apoios complétase con outras medidas, como a formación dual para persoas con discapacidade intelectual, que facilita a obtención dun certificado de profesionalidade e a adquisición de experiencia mediante un contrato de formación en alternancia. Esta iniciativa conta con 6 M€ para o período 2024-2027.
O conselleiro destacou ademais a aposta da Xunta pola contratación pública como ferramenta para favorecer a inclusión laboral. Así, o Goberno galego dá continuidade este ano á reserva dun mínimo do 6% da contratación pública para os Centros Especiais de Emprego de iniciativa social e as empresas de inserción, unha porcentaxe que se sitúa un punto por enriba do mínimo establecido pola Lei de contratos do sector público e que este ano suporá preto de 4 M€ para estas entidades.
José González puxo en valor a importancia de seguir avanzando neste camiño e destacou que, segundo
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson
- El restaurante a 40 minutos de Santiago con 'el mejor salpicón de marisco de Galicia': 'La receta lleva generaciones en la casa”