A Xunta reforza a seguridade e a funcionalidade do pavillón do IES do Porto do Son
A actuación inclúe un novo peche perimetral da pista deportiva, a mellora da cuberta, a construción dun almacén e a reforma da rede eléctrica

Luís Oujo e Belén do Campo, este martes supervisando as obras no pavillón do instituto do Porto do Son. / Cedida
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, realizou este martes unha visita ao IES O Porto do Son para comprobar o avance das obras de mellora que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está a executar no pavillón deportivo do centro cun investimento de 267.000 euros.
Este centro contará este ano con ao redor de 400 alumnos e participa activamente en numerosos programas educativos como Club de Ciencia, Clubs de Lectura, Navega con Rumbo, PLAMBE ou Plan Proxecta.
Durante a visita, a representante do Goberno galego destacou que esta actuación supón unha importante mellora das instalacións deportivas, incrementando a súa seguridade, funcionalidade e confort para o alumnado e o conxunto da comunidade educativa.
As obras inclúen a execución dun novo peche perimetral da pista deportiva, que cubrirá todos os laterais do pavillón cunha altura de 3,75 metros. O peche conta cunha base de paneis prefabricados de formigón e unha parte superior de chapa ondulada microperforada de aluminio, un sistema que permite garantir a entrada de luz natural, a ventilación do espazo e a protección fronte á choiva lateral.
O proxecto contempla tamén a mellora da cuberta mediante a instalación de novos canlóns e baixantes para facilitar a correcta evacuación das augas pluviais, así como a substitución da cuberta de fibrocemento dos vestiarios por un panel sándwich, mellorando así o illamento e a durabilidade da instalación.
Ademais, habilitarase un novo almacén de máis de 23 metros cadrados no interior do pavillón, na zona das gradas, optimizando os espazos dispoñibles para o almacenamento do material deportivo. Outro dos aspectos destacados da intervención é a reforma da instalación eléctrica e a dotación dunha nova instalación de protección contra incendios, da que carecía ata o de agora o pavillón.
A representante do Goberno autonómico destacou ademais que no Porto do Son se están levando a cabo actuacións ademais dentro do Plan Ben_Estar de pequenas obras intervencións nos CEIP de Portosín, Sobrado-Nebra, Santa Irene e Xuño, intervencións de melloras que suman ao redor de 100.000 euros.
Belén do Campo subliñou que dentro das grandes obras que se están a executar na comarca do Barbanza destacan, ademais tamén outras catro actuacións. Concretamente, no CEIP Praia Xardín de Boiro por un importe de máis de 1,1 millóns de euros, no CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Rianxo por un importe de case 110.000 euros, no CEIP O Grupo de Ribeira por un importe de case 80.000 euros e no CEIP de Olveira tamén de Ribeira outros case 74.000 euros.
En total o investimento neste 5 centros educativos ascende a case 1,7 millóns de euros.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»