Artemar ambienta as rúas de Ribeira con espectáculos de malabares, música e lume entre cen postos de venda
O desfile das compañías participantes abriu a feira mariñeira e de artesanía, que se celebra ata o domingo

Detrás, seguindo o desfile, os edís Ana Barreiro, Vicente Mariño e Herminia Pouso vestidos con temática mariñeira, e Fernando Abraldes.
As rúas do centro urbano de Ribeira ateigáronse de xente este xoves na apertura da feira mariñeira e de artesanía Artemar, que se desenvolverá no centro da cidade ata este domingo 16 con preto dun cento de postos de venda e numerosos espectáculos de animación.
A rúa de Galicia volve ser a arteria principal desta feira, á que se incorporan nesta décimo novena edición un tramo da vía peonil Rosalía de Castro e a contorna da praza consistorial.
O centro urbano está engalanado con decoración de temática mariñeira, como redes ou apeiros de pesca.

Un dos postos de asado de porco á brasa. / Suso Souto
Xa ás seis da tarde empezaron a celebrarse as primeiras actividades, como as sesións de contacontos sobre lendas do fondo do mar e historias de alta mar.
Pero a apertura oficial de Artemar tería lugar ás 21.30 horas co pregón e o posterior desfile das compañías encargadas de animar o ambiente polo centro da cidade nesta primeira xornada, cos espectáculos O mergullador aventureiro, O lume do océano (de lume), Ruxen as ondas (musical), Tormenta de lume, Ao compás das mareas (musical) e Capitán en apuros.

Espectáculo de lume na praza consistorial. / Cedida
En canto á programación deste venres, destacan, por exemplo, o espectáculo de malabares O Capitán Grumete (ao mediodía); o desfile musical Melodías do mar (13.30) ou as funcións de lume O deus do lume (22.00) e Lume en alta mar (23.00).

Espectáculo de malabares. / Suso Souto
Concurso de decoración de establecementos
O Concello convocou un concurso de decoración de establecementos para que a temática mariñeira chegue a cada recuncho. Os locais mellor valorados elixiranse por votación popular.
A programación de Artemar prolongouse este xoves ata a medianoite. Durante a fin de semana a feira estará aberta de 12.00 a 14.30 e de 18.00 horas ata a medianoite.
O recuncho de xogos (gratuíto) da Praza de Porta do Sol está operativo de 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 22.30 horas. En canto aos xogos infantís (tamén gratuítos e en dito espazo), desenvólvense de
12.00 a 14.30 e de 18.00 a 21.30 horas.
Os talleres demostrativos terán lugar na praza consistorial de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson