Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro insta a Educación a cumprir o compromiso de arranxar o edificio de Infantil do CEIP Santa María do Castro

O Goberno local advirte das "malas condicións" das instalacións e reclama que se executen os traballos que se acordaron hai seis anos

Carmen Silva, Roberto Lojo e Luís Ruiz, nas instalacións do edificio de Infantil do CEIP Santa María do Castro.

Carmen Silva, Roberto Lojo e Luís Ruiz, nas instalacións do edificio de Infantil do CEIP Santa María do Castro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O tenente de alcalde de Boiro, Luís Ruiz; a concelleira de Ensino, Carmen Silva; e o edil de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, visitaron este xoves as instalacións do CEIP Santa María do Castro para poñer en valor as melloras realizadas no centro e demandar da Xunta de Galicia o arranxo do edificio de Infantil.

“No outono de 2020, logo de varias conversas sobre o mal estado das fachadas e problemas de humidade que presentaba o CEIP Santa María do Castro, chegouse a un acordo entre o Concello e a Xefatura Territorial da Consellería de Educación para o arranxo da envolvente do centro”, recordou o tenente e alcalde.

No ano 2021 o Concello levou a cabo unha actuación por importe de 114.000 euros para o arranxo do edificio principal do centro, comprometéndose a Delegación Territorial a arranxar o edificio pequeno.

“Dende entón foron numerosas as ocasións nas que, tanto por parte do Concello como pola dirección do propio centro, se demandou á Xefatura Territorial que levase a cabo a súa parte do acordo e arranxase a fachada exterior do edificio de infantil”, afirmou Luís Ruiz.

Seis anos despois daquel acordo, o edificio de Infantil do CEIP Santa María do Castro presenta, segundo Ruiz, "unhas malas condicións para comezar o curso escolar 2026/2027".

“Fai uns meses o novo xefe territorial mantivo unha xuntanza co Goberno local de Boiro para coñecer as principais necesidades dos centros de ensino, e o arranxo deste edificio foi a primeira delas”, sinala o tenente de alcalde.

O Concello de Boiro demanda á Consellería de Educación "que cumpra co seu acordo e arranxe o edificio de Infantil do CEIP Santa María do Castro.

Tracking Pixel Contents