Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Torneo Solidario Interparroquial de Boiro recada 9.885 euros para apoiar doentes de cancro infantil e xuvenil

Na xornada de deporte e solidariedade participaron a hostalería local e equipos de cada unha das parroquias

Marcos Fajardo, no centro, entregou a recadación acompañado de Lara Buig, Marga Hermo, Fran Allo e José de Jesús.

Marcos Fajardo, no centro, entregou a recadación acompañado de Lara Buig, Marga Hermo, Fran Allo e José de Jesús. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Boiro

O IV Torneo Solidario Interparroquial celebrado o 27 de xuño en Vista Alegre (Boiro) logrou recadar 9.885 euros an beneficio da Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (Asanog).

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou no acto de entrega xunto con Lara Buig e Marga Hermo, da organización, e Fran Allo e José de Jesús, de Asanog.

Foi unha xornada de deporte e solidariedade na que participaron a hostalería local e equipos de cada unha das parroquias. “Comezamos esta andaina fai catro anos e levamos recadados xa máis de 40.000 euros que contribúen a que Asanog poida desenvolver a súa actividade”, sinalan dende a organización.

Asanog é unha entidade que presta apoio económico, psicolóxico e de acompañamento a familias de nenos e nenas con cancro. Por parte da entidade agradeceron a implicación da organización, da administración local, das empresas colaboradoras e da veciñanza, “porque, cando un pobo se une, xorden cousas tan bonitas como esta”.

Pola súa parte, Marcos Fajardo sinalou que "dende o Concello de Boiro imos estar sempre ao lado de iniciativas como esta, que implica toda a sociedade boirense nunha tarde de deporte, fútbol e diversión para colaborar nunha boa causa”.

TEMAS

Tracking Pixel Contents